Tesouro de Overton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 53°59′38.4″N 01°09′21.6″O / 53.994000, -1.156000

Tesouro de Overton



O Tesouro de Overton no Museo de Yorkshire

· Data do depósito: Ca. 205 d. C.

· Período ou cultura: Imperio Romano

· Lugar de aparición: Overton, Yorkshire Norte.

· Coordenadas: 53°59′38.4″N 01°09′21.6″O / 53.994000, -1.156000

· Data do achado: 24 de setembro de 2016.

· Descubridor:

· Composición: 37 denarios romanos.

· Materiais: prata e cerámica.

· Conservación: Museo de Yorkshire.

O tesouro de Overton é un tesouro composto por 37 moedas romanas de prata dos séculos I a III d. C., descuberto en 2016 en Overton, Yorkshire Norte, Inglaterra.

Descuberta e escavación[editar | editar a fonte]

O tesouro foi achado por un detector de metais o 24 de setembro de 2016, nunha leira próxima a Overton, en Yorkshire Norte,[1] e a súa aparición foille comunicada, como é preceptivo, ao Portable Antiquities Scheme.[2][3]

Contido[editar | editar a fonte]

O tesouro contén 37 moedas de prata, todas elas denarios, que foron emitidas entre o reinado de Domiciano como emperador menor do seu pai Vespasiano (69-79 d. C.) e o reinado de Septimio Severo (198-209 d. C.).[2] Foron emitidas a nome de 17 autoridades diferentes e a máis recente data de 205 d. C.[3]

Malia a gran variedade de datas, todas as moedas poderían ter estado en circulación a principios do século III.[2]

É probable que as moedas fosen depositadas nun recipiente de cerámica, do que só se acharon algúns fragmentos.[3]

Conservación[editar | editar a fonte]

Logo de ser declarado formalmente como "tesouro",[1] ao cumprir os requisitos necesarios para iso consonte a Lei do Tesouro de 1996,[3][4] o achado foi adquirido polo Museo de Yorkshire a principios de 2018 e expúxose ao público por primeira vez en outubro dese mesmo ano.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Moss, R. (2017). "Roman coins found near Overton declared treasure". En BBC News. 27 de abril.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Tilley, E. "The Overton Hoard: A Severan Hoard from North Yorkshire". York Museums Trust.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Coin hoard. Unique ID: YORYM-BE3F22". Portable Antiquities Scheme.
  4. "The Treasure Act 1996". Department for Culture, Media and Sport.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]