Tesouro de Imphy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tesouro de Imphy
Diñeiros de Carlomán I e de Carlomagno
procedentes do tesouro de Imphy.
[1]

· Data do depósito: século VIII.

· Período ou cultura: Imperio Carolinxio.

· Lugar de aparición: Imphy, Nièvre, Francia.

· Data do achado: 1857.

· Composición: 99 diñeiros.

· Materiais: prata.

O tesouro de Imphy é un conxunto dun centenar moedas carolinxias descuberto por casualidade en 1857 no municipio de Imphy, no departamento francés de Nièvre.

O conxunto, formado exclusivamente de diñeiros de prata, foi adquirido na súa totalidade por Gustave de Ponton d'Amécourt, e o seu estudo permitiu avanzar no el coñecemento das cuñaxes deste período.

Descuberta[editar | editar a fonte]

Durante unhas escavacións para instalar tubaxes dun desaugadoiro, preto de Imphy, unha pequena localidade na beira dereita do Loira, coñecido pola súa industria metalúrxica, os obreiros descubriron a un metro de profundidade unha vasilla de cerámica que contiña un centenar de moedas. O achado foi comunicado debidamente ás autoridades e as moedas puideron ser estudadas inicialmente por Adrien Prévost de Longpérier,[2] antes de que o lote fose adquirido por Gustave de Ponton d'Amécourt, fundador da Sociedade Francesa de Numismática.[3][4][5]

En 1886, na venda das coleccións de Ponton d'Amécourt,[6] un diñeiro de Carlomagno procedente do tesouro de Imphy foi adquirido polo Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.[4]

Composición[editar | editar a fonte]

Diñeiro de Carlomagno, da ceca de Tours (768-781), procedente do tesouro de Imphy,[7] adquirido polo Gabinete de Medallas da BNF.

No momento da súa descuberta, o tesouro estaba formado por 63 diñeiros cuñados a nome de Pipino o Breve, catro de Carlomán I e 32 de Carlomagno, todos eles en moi bo estado de conservación, así como outra moeda indescifrable.[5][8] Estas pequenas moedas de prata teñen un diámetro de 18 milímetros e un peso de entre 1,2 e 1,3 gramos.[9][10]

O interese do achado reside na variedade de deseños e a diversidade de cecas, xa que había 44 tipos principais, dos que 30 estaban representados por un único espécime. Ademais, cunha soa excepción, todas as moedas estaban fabricadas con cuños diferentes.[5]

Na época en que se descubriu, moitas das moedas e das cecas onde foran cuñadas eran totalmente descoñecidas, e o seu estudo permitiu importantes avances no coñecemento das emisións carolinxias, asunto sobre o que se coñecía moi pouco naqueles momentos.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Prévost de Longpérier, A. (1858). Lámina XIII.
  2. Prévost de Longpérier, A. (1858). Páxinas 202-262.
  3. Prévost de Longpérier, A. (1858). Páxina 202.
  4. 4,0 4,1 "Gustave Ponton d’Amécourt". Comité d'histoire. Bibliothèque nationale de France.
  5. 5,0 5,1 5,2 Gariel, E. (1883). Páxina 53.
  6. Collection de M. le Vicomte de Ponton d'Amécourt. Monnaies gauloises, mérovingiennes, carlovingiennes et capétiennes. 7 et 8 de xuño de 1886, París.
  7. Prou, M. (1896). Catalogue des monnaies françaises de la bibliothèque nationale, les monnaies carolingiennes. Rollin et Feuardent, París. Lámina X.
  8. 8,0 8,1 Prévost de Longpérier, A. (1858). Páxina 203.
  9. Gariel, E. (1883). Páxina 54.
  10. Prévost de Longpérier, A. (1858). Páxina 206.
  11. Prévost de Longpérier, A. (1858). Lámina XI.
  12. Prévost de Longpérier, A. (1858). Lámina XII.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]