Fele Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fele Martínez
Fele Martínez at Premios Goya 2017.jpg
Martínez no ano 2017.
Nome completo Rafael Martínez.
Nacemento 22 de febreiro de 1975 (42 anos)
Lugar Alacant, España España
Nacionalidade España
Profesión Actor

Fele Martínez, nado como Rafael Martínez o 22 de febreiro de 1975, é un actor español gañador dun Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa interpretación no filme Tesis, de Alejandro Amenábar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira no cine comezou da man de Alejandro Amenábar, quen lle ofreceu un papel na súa primeira obra Tesis. Pola súa interpretación, Fele recibiu o Premio Goya ó mellor actor revelación no ano 1996.[1] Entre os seus outros filme salientan Abre los ojos (Amenábar, 1997),[2] Los amantes del círculo polar (Julio Medem, 1998), El arte de morir (Álvaro Fernández Armero, 1999), Capitães de Abril (María de Medeiros, 1999), Tuno negro (Pedro L. Barbero e Vicente J. Martín, 2000) e La mala educación (Pedro Almodóvar, 2004).[2]

Tamén participou en varios proxectos independentes, incluíndo as curtametraxes Pasaia (1996), coa cal gañou o premio a mellor actor no Festival de Cine de Elx, Amigos (1997), La cartera (2000), e El castigo del ángel (2002) que tamén dirixiu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Almodovar's Other Bad Boy". FilmStew. 12 de abril de 2005. Consultado o 20 de novembro de 2009. 
  2. 2,0 2,1 Vigil, Delfin (19 de decembro de 2004). "Actor Fele Martinez grows up". San Francisco Chronicle. Consultado o 20 de novembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]