Teoría do Grande Home

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Napoleón, típico "grande home", que supostamente determinou o período napoleónico.

A teoría do Grande Home procede do século XIX e indica que a historia se xustifica en gran medida polo impacto de "grandes homes", ou heroes, prestos a definirse como individuos altamente influentes que, grazas ao seu carisma persoal, intelixencia, sabedoría, ou dotes políticos, utilizaron o seu poder de tal maneira que este tivo un impacto histórico decisivo. A teoría fíxose popular na década de 1840 polo autor escocés Thomas Carlyle. No entanto, en 1860, Herbert Spencer formularía que os chamados grandes homes son, en realidade, produtos das súas sociedades, e que as accións destes serían imposíbeis sen as condicións sociais que os precederon.[1][2][3] Así, a posterior historia social, económica e política minimizou a primacía dos grandes homes.

Xeneralidades[editar | editar a fonte]

Carlyle expresou que "a historia do mundo non é senón a biografía de grandes homes", dando a coñecer a súa crenza de que os heroes forman a historia a través dos seus atributos persoais e dalgunha inspiración divina.[4][5] O libro On Heroes, Hero-Worship, and The Heroic in History, do mesmo Carlyle, esclarece a súa percepción de que a historia vira segundo as decisións dos "heroes", agregándolle ao texto unha análise sobre a influencia daqueles como Mahoma, Shakespeare, Lutero, Rousseau, Pericles, Napoleón e Wagner. Desde logo, o autor sentiu que o estudo dos grandes homes era "lucrativo" para o lado heroico dun mesmo. Dito noutras palabras, repasar a vida que tiñan os heroes podería axudar a revelar algo sobre a verdadeira natureza do propio ser.[6]

O estadounidense Frederick Adams Woods tamén mostrou apoio á teoría do grande home. Este autor realizou unha obra chamada The Influence of Monarchs: Steps in a New Science of History,[7] para a cal investigou 386 individuos que gobernaron en Europa Occidental desde o século XII até a Revolución Francesa a fins do século XVIII, así como a súa influencia no curso de eventos históricos.

Esta teoría frecuentemente contrasta cunha teoría que fala sobre eventos que ocorren na totalidade do tempo, ou cando unha onda esmagadora de pequenos eventos causa a ocorrencia de certos avances. O enfoque do grande home estaba máis de moda cos historiadores profesionais do século XIX. Unha obra popular desta corrente é a undécima edición da Encyclopædia Britannica (1911), a cal contén biografías extensas e en detalle dos grandes homes da historia, mais moi poucas historias xerais ou sociais. Por exemplo, toda a información do período das grandes migracións está compilada na biografía de Atila, rei dos hunos. Esta perspectiva heroica da historia tamén estaba apoiada por algúns filósofos importantes como Hegel, Kierkegaard, Nietzsche e Spengler, con todo, empezou a perder popularidade logo da Segunda guerra mundial.

En Untimely Meditations, Nietzche escribe que: "...a meta da humanidade reside nos seus especímenes máis altos".[8]

En Fear and Trembling, Kierkegaard escribe que: "ser quen de caer de tal xeito que no mesmo segundo se vexa como se un estivese de pé e camiñando, transformando o salto da vida nunha andainda, absolutamente para expresar o sublime e o terreste-que so eses cabaleiros de fe son quen de facer, isto é o único prodixio [9]

Hegel, procedendo da teoría providencialista, argumenta que aquilo que é real é razoábel e os individuos histórico-mundiais son axentes do espírito mundial. Hegel opina así: "Tales son grandes homes históricos-cuxas propias misións involucran eses grandes asuntos os cales son a vontade do espírito mundial."[10] Por tanto, de acordo con Hegel, un grande home non crea a realidade histórica por si mesmo, senón que soamente revela o futuro inevitábel.

Críticas[editar | editar a fonte]

Herbert Spencer foi un crítico contemporáneo da teoría do Grande Home de Carlyle.

Un dos críticos máis contundentes da formulación de Carlyle sobre a teoría do Gran Home foi Herbert Spencer, quen cría que atribuír eventos históricos ás decisións duns cantos individuos era unha posición lamentabelmente primitiva, infantil e non-científica.[11]

"Debes admitir que a xénese dun grande home depende da longa serie de complexas influencias que produciron a raza na que aparece, e o estado social no que esa raza creceu lentamente ... Antes de que poida refacer a súa sociedade, a sociedade debe facelo a el."
Herbert Spencer, The Study of Sociology[12]

Guerra e paz de Tolstoi salienta o criticismo á teoría do Grande Home como un tema recorrente nas súas digresións políticas. Segundo Tolstoi, o significativo dos grandes individuos é imaxinario, agregando que os devanditos suxeitos son só escravos da historia realizando o decreto da Providencia.[13]

William James na súa conferencia Great Men and Their Environment[14] subliñou a importancia da congruencia do Grande Home cos seus arredores (en sentido amplo), aínda que o seu último punto foi que as contornas e os individuos se forman reciprocamente, tal como as contornas e os membros individuais das especies animais fan segundo a teoría darwinista.

Entre os críticos modernos da teoría do Grande Home, un, Sidney Hook, apoia a idea. Outorga creto a aqueles que moldearon eventos a través das súas accións, e o seu libro The Hero in History: A Study in Limitation and Possibility está dedicado ao papel do heroe e na historia e á influencia de persoas extraordinarias.[15]

Leonid Grinin define unha figura histórica, é dicir, un grande home, así:

Debido ás súas características persoais, ou por unha casualidade, ou pola súa posición social, ou pola peculiaridade da época, un individuo polo feito mesmo da súa existencia, polas súas ideas ou accións (ou inacción) directa ou indirectamente, durante a súa vida ou despois da súa morte, pode ter tal influencia sobre a súa sociedade que pode ser recoñecida como significativa, xa que deixou unha marca notábel (positiva, negativa ou inequívoca) na historia e no desenvolvemento posterior da sociedade.[16]

Así, Grinin conclúe que o rol do Grande Home depende dun conxunto de factores, non dun só.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robert L. Carneiro "Herbert Spencer as an Anthropologist" Journal of Libertarian Studies, vol. 5, 1981, páxs. 171–2
  2. Robert Rives La Monte Socialism: Positive and Negative, Chicago: Charles H. Kerr Publishing Company, 1912, páx. 18
  3. Sidney Hook (1950) The Hero in History, New York: Humanities Press, páx. 67
  4. Thomas Carlyle, "The Hero as Divinity" in: Heroes and Hero-Worship (1840).
  5. Hirsch, E.D. The New Dictionary of Cultural Literacy (Third Edition), Houghton Mifflin Company, Boston, 2002.
  6. Carlyle, Thomas. On Heroes, Hero-Worship and the Heroic in History, Fredrick A. Stokes & Brother, New York, 1888. páx. 2.
  7. Woods, F. A. 1913. The Influence of Monarchs: Steps in a New Science of History. New York, NY: Macmillan.
  8. Bishop, P. (2004). Nietzsche and Antiquity: His Reaction and Response to the Classical Tradition. Camden House. p. 94. ISBN 9781571132826. 
  9. to be able to fall down in such a way that the same second it looks as if one were standing and walking, to transform the leap of life into a walk, absolutely to express the sublime and the pedestrian—that only these knights of faith can do—this is the one and only prodigy. Kierkegaard, Søren. Fear and Trembling. Preliminary Expectoration.
  10. (Hegel, G.W.F. [1837]. Philosophy of History, trans. J. Sibree (New York: Dover, 1956), 30.
  11. Robert A. Segal, ed. (2000). Hero Myths. A Reader. p. 3.  Spencer tamén cría que os homes que Carlyle chamaba "grandes homes" eran tan só produtos da súa contorna social.
  12. Spencer, Herbert. The Study of Sociology, Appleton, 1896, p. 31.
  13. Tolstoy, L. 2010. War and Peace. Oxford, MA: Oxford University Press Bk. IX, ch. 1
  14. James, W. 2005 [1880]. Great Men and Their Environment. Kila, MT: Kessinger Publishing
  15. Hook, S. 1943. The Hero in History. A Study in Limitation and Possibility. Boston, MA: Beacon Press. p. 116
  16. Grinin, Leonid 2010. The Role of an Individual in History: A Reconsideration. Social Evolution & History, Vol. 9 No. 2 (pp. 95–136). P. 116-117.[1]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]