Saltar ao contido

Teo (periódico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teo
PaísArxentina
LugarBuenos Aires
Lingualingua castelá
Na rede
Galiciana: 577359
editar datos en Wikidata ]

Teo foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1910 e 1920.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulada Órgano oficial de la Federación de Residentes de Teo en Sud-América, apareceu o 15 de maio de 1910. Revista mensual, saía o día 15. Dirixida por Manuel Lueiro Edreira, José Rodríguez, A. Pascual (a partir do número 70), Manuel Cao Turnes que colaborou coa revista dende 1915, tamén chegou a dirixila. Como consecuencia da escisión da Federación de Residentes de Teo en 1916, apareceu El Eco de Teo, que pasou a ser o órgano do Centro de Residentes de Teo en Sud-América. Teo informaba da vida interna e do labor que se desenvolvía no seo das institucións ligadas a Teo e a outros concellos da zona, como as sociedades agrarias de Teo e Vedra. Incluía noticias e comentarios da actualidade política e social da comarca de Santiago, analizando a situación das parroquias dende postulados agraristas e denunciando o caciquismo e moitas das actuacións do clero no mundo rural. Entre os seus colaboradores estaban Ángel Martínez Castro, Manuel González Iglesias ("O xastre de Lalín"), Manuel Bouzón Álvarez, Ramón Vieites, Juan Rof Codina, Benito de Ventraces e Rogelio Rivero. Rematou a súa publicación en 1920 sendo substituída por Unión de Teo y Vedra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]