Manuel González Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel González Iglesias
Nacementoséculo XIX
 Lalín
Falecemento11 de xullo de 1926
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Manuel González Iglesias, coñecido como O xastre de Lalín, nado en Lalín e finado en Buenos Aires o 11 de xullo de 1926, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigra moi novo a Buenos Aires. Foi un dos fundadores da Sociedade Hijos de Lalín. Foi autor de dúas pezas teatrais nas que ridiculizaba ao caciquismo. En 1918 dirixiu La Voz del Centro editado polo Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda en Buenos Aires. Vincualado á Sociedade Unión del Partido de Lalín, da que foi elixido presidente en 1923, foi tamén directivo da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales (1921) e colaborou no seu periódico El Despertar Gallego. Tamén colaborou en Teo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • As obras magnas de Leonardo, estreada en 1915.
  • En Festa, estreada en 1917.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. p. 49. ISBN 978-84-96368-00-2.