Linguas aborixes de Australia
| Linguas aborixes de Australia | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
| Propiedades | |||||
|
Número de falantes
| |||||
| Clasificación lingüística | |||||
| Xeografía | |||||
|
País
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
O termo linguas aborixes de Australia designa un conxunto de linguas faladas nunha extensión xeográfica determinada e non a unha familia lingüística propiamente dita, xa que se refire ó conxunto de idiomas autóctonos (arredor dunhas 200 linguas) que son faladas en Australia e pequenas illas adxacentes polos aborixes australianos e que se poden agrupar en diversas familias.
Situación
[editar | editar a fonte]Case todas estas linguas atópanse ameazadas por procesos de extinción, que se iniciaron cando o inglés comezou a imporse como idioma de comunicación xeneralizado. Para facerse unha idea do precaria que é a súa situación chega con dicir que tan só 5 ou 6 destas linguas contan con máis de 1000 falantes e que practicamente a metade non son faladas por máis de 10 ou 20 persoas. Cada ano, un número importante e crecente de linguas aborixes pasa á listaxe de linguas extintas. Segundo os datos do ano 2008, quedaban vivas 220 linguas das que 25 contaban cunha única persoa falante.
Clasificación
[editar | editar a fonte]
Tradicionalmente, as linguas australianas téñense clasificado nunha ducia de familias e unhas poucas linguas illadas. A familia lingüística de maior distribución é a das linguas pama-nyunganas que se estenden por case todo o territorio australiano agás no norte. Por este motivo e para facer unha clasificación máis sinxela e cómoda, o resto das linguas agrúpanse baixo o termo de linguas non pama-nyunganas.