Tembot Kerashev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTembot Kerashev
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1902 Editar o valor em Wikidata
Koshekhabl, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Maikop, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquiveiro , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua adigue Editar o valor em Wikidata
Participou en
14 de febreiro de 1956XX Congresso do Partido Comunista da União Soviética (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAslanbek Kerashev (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios


Tembot Magometovich Kerashev (en ruso: Тембот Магометович Керашев; en adigueo: КӀэрэщэ Тембот), nado en Koshekhabl o 16 de agosto de 1902 e finado en Maikop o 8 de febreiro de 1988, foi un escritor en lingua adiguea.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha pequena vila circasiana, agora na República Adiguesa, no seo dunha familia labrega. Formouse nunha escola privada tártara e, a continuación, estudou no Instituto Pedagóxico en Ufa (19131914), durante a guerra volveu á súa localidade natal e ao rematar foi ao Instituto Politécnico de Krasnodar (19181920). Traballou como arquiveiro no comité executivo de Adiguesia. Entre 1924 e 1929 ampliou a súa formación en Moscova, no Instituto Económico-Industrial e logo volveu ao Óblast Autónomo de Adiguesia. Foi editor do xornal rexional, e dirixiu a casa editorial local. Entre 1931 e 1934[1] presidiu o Instituto de Investigación Adigueo de Historia Local ao tempo que realizaba labores de investigación, foi profesor no instituto de Krasnodar (19341936), e a continuación, retornou como investigador ao Instituto de Investigación de Historia Local.

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Tembot durante os seus anos como investigador do Instituto de Historia Local realizou unha gran labor de colleita de materiais do folclore e da literatura oral, en especial cancións e poesía popular, tamén preparou libros de texto, en particular en colaboración con Ahmed Chatkou creou os primeiros libros de texto de literatura adiguea para o ensino secundario. Comezou a publicar en 1925 co relato "Аркъ". Publicou numerosas novelas e coleccións de relatos, a súa primeira narrativa reflicte os cambios na vida e psicoloxía do campesiñado adigueo mentres que despois da guerra centrouse máis na novela social.[2]. Autor popular, xa en 1964-1965 editouse en dous volumes unha selección das súas obras e en 1981-1983 publicáronse en Maikop tres volumes de obras seleccionadas en ruso, cunha segunda edición en 1987-1989. En 1997 publicouse un novo volume en ruso de obras seleccionadas, e en 2002 dous volumes en adigueo. Está considerado un dos fundadores da prosa moderna adiguea.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Şambul, 1929 (novela, ed. completa 1934)
  • Mashchiko ikhshaku, 1934 (relatos)
  • Adige Txidezchxemre Pshisexemre, Maikop, 1939 (lendas e contos circasianos)
  • Adige Weredizchxer, Maikop, 1940 (cancións circasianas)
  • Shapsyge pshash, 1946 (novela)
  • Nasipim yi Ghwegw, Maikop, 1954 (novela)
  • Tipshashekher, 1960 (novela)
  • Ny 1ushym ypkhu, 1962 (novela)
  • Kuko, 1968 (novela)
  • Abdzekhe shek'ozhyr, 1969 (relatos)
  • Lyge, 1972 (relatos)
  • Shyu zaku, 1973 (novela)
  • Rasskazxer, 1975 (relatos)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Адыгейский республиканский институт гуманитарных исследований имени Т. М. Керашева: Директорский корпус". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2017. Consultado o 06 de agosto de 2018. 
  2. Е. М. Шабанова. "Керашев Тембот Магометович" Большая Советская Энциклопедия
  3. Kadir I. Natho (2017) History of Adyghe Literature Xlibris US