Telmo Rodríguez Alonso
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1880 Barcela, España |
| Morte | 9 de novembro de 1936 Tenorio, España |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Telmo Rodríguez Alonso, nado en Barcela (Arbo) en 1880 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrado en Cuba, foi directivo da sociedade Hijos del Distrito de Arbo.[1] Na República regresou a Arbo. Militante de Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Arbo en febreiro de 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 3/3/1927, p. 13.
- ↑ Palleiro, Verónica (17/12/2016). "Seis asesinados en el 36 salen del olvido". Faro de Vigo (en castelán).