Televisión por cable
A televisión por cable é un sistema de televisión mediante sinais de radiofrecuencia que se transmiten como ondas electromagnéticas[1] aos televisores por medio dun sistema de fibra óptica ou cables coaxiais, polo mesmo sistema tamén se pode recibir ademais radio FM, Internet e telefonía fixa. A súa popularidade débese en orixe a que se poden recibir máis canles que polos sistemas convencionais (analóxico ou dixital) e a que proporcional mellor sinal naquelas zonas con mala cobertura por antena[2], este novo modelo de distribución do sinal de televisión está ligado a un novo tipo de empresa comercializadora, o operador de cable[3] .
Historia
[editar | editar a fonte]A súa orixe está nos Estados Unidos, John Walson[4], propietario dunha tenda de televisores en Mahanoy City (Pensilvania) debido á mala recepción nos televisores da localidade colocou en xuño de 1948 unha antena de televisión no cumio nunha montaña próxima que por medio dunha rede de cable coaxial distribuía aos seus veciños por unha cota mensual, simultaneamente outras redes de televisión por cable se establecían en Arkansas e Oregón e pouco máis tarde noutras zonas do país. En 1951 Robert Tarlton fundou National Community Antenna Council e en 1952 existían 70 redes de televisión por cable con 14.000 subscritores[5], a partir da década de 1970 estendeuse a súa difusión ás grandes cidades[6]. En Europa o seu desenvolvemento plafinificado comezou nos países do Benelux tamén na década de 1970[7], no resto dos países da Europa Occidental desenvolveuse na década de 1980 e 1990[8], así por exemplo o Reino Unido pasou de 300.000 fogares con televisón por cable en 1989 e 1.000.000 en 1994[9].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Douglas C. Giancoli e Víctor Campos Olguín Física: principios con aplicaciones, p. 628
- ↑ Bernard Grob Televisión práctica y sistemas de vídeo, p. 11
- ↑ Vicente Llorens Fundamentos tecnológicos de vídeo y televisión, p. 108
- ↑ New York Times
- ↑ "National Cable & Telecommunications Association". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2010. Consultado o 22 de agosto de 2010.
- ↑ Joseph Turow Media Today: An Introduction to Mass Communication, p. 509-510
- ↑ Eduardo Giordano e Carlos Zeller Políticas de televisión: la configuración del mercado audiovisual, p. 95
- ↑ Hussein Kassim e Anand Menon The European Union and national industrial policy, p. 206
- ↑ Barrie Gunter e Jill L. McAleer Children and television, p. VII