John Walson
John Walson | |
---|---|
Nacemento | 1915 |
Falecemento | 28 de marzo de 1993 |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
John Walson, nado o 25 de marzo de 1915 en Forest City [1] e finado o 28 de marzo de 1993 en Nova York, foi un pioneiro estadounidense da televisión por cable, recoñecido polo Congreso dos Estados Unidos e a National Cable Television Association como o seu inventor en 1948.[2], aínda que algúns historiadores da televisión poñen en dúbida que fose o primeiro en desenvolvela[3].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nacido como John Walsonavich[4] era fillo de inmigrantes rusos, estudou electrónica nunha escola de formación profesional en Chicago e de volta a Mahanoy City traballou nunha compañía eléctrica ata 1945 cando obtivo unha franquía para vender e reparar produtos de General Electric abrindo un local no nome de Service Electric Company, a partir de 1947 comezou a vender televisores pero a recepción do sinal das canles de televisión, que emitían desde Filadelfia era mala, debido a que as montañas que arrodeaban a vila bloqueaban o sinal. Para resolver o problema en xuño de 1948[5] Walson montou unha torre con antena no cumio dunha das montañas, conectándoa por medio de cable con televisores expostos no escaparate da súa tenda, o que lle permitía demostrar á clientela o ben que funcionaban sen ter que desprazarse ao alto da montaña. Posteriormente conectou aos seus clientes que vivían na zona que percorría o cable, esta foi a primeira rede de televisión por cable nos Estados Unidos e foi a primeira en utilizar microondas para sintonizar canles de televisión distantes [6], e o primeiro en usar cable coaxial para mellorar a calidade da imaxe[7].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Cable Center". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2011. Consultado o 21 de novembro de 2010.
- ↑ "Cable Television History". Inventors. About.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2010.
- ↑ Patrick Parsons Blue skies: a history of cable television, p.70
- ↑ Mary Alice Mayer Philips, CATV: a history of community antenna television, 1972
- ↑ Segundo testemuños persoais, toda a documentación da empresa perdeuse nun lume: Brian Lockman e Don Sarvey Pioneers of cable television: the Pennsylvania founders of an industry, p. 14
- ↑ "Microwave Journal". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de novembro de 2010.
- ↑ Ray Horak Telecommunications and Data Communications Handbook, p. 445