MMDS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antena utilizada nos servizos MMDS.

O Servizo de Distribución Multipunto Multicanal, coñecido polas siglas inglesas MMDS (Multichannel Multipoint Distribution Service), é unha tecnoloxía de telecomunicacións sen fíos que se pode utilizar nas redes de banda larga aínda que o habitual é empregalo como un sistema alternativo para a recepción de programas de televisión por cable. A recepción dos sinais enviados vía MMDS require unha antena especial de microondas e un decodificador conectado ao televisor.

Utilízase xeralmente en áreas rurais, onde instalar unha rede por cable non é viable economicamente, pero tamén se utiliza nas cidades. A banda de MMDS emprega frecuencias de microondas con rangos de 2 GHz a 3 GHz en gama dependendo de cada país, así nos Estados Unidos vai dos 2.5 a 2.686 GHz[1].

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A súa orixe está no Servizo de Distribución Multipunto (MDS), licenza que o regulador norteamericano de telecomunicacións, a Federal Communications Commission estableceu en 1974. O primeiro sistema comercial implantouno Marquee Television en 1975 en Washington D.C.[2]. A expansión da televisión por cable a comezos da década de 1980 levou a que os operadores de MDS solicitasen á FCC[3] o establecemento dun novo servizo multicanal para poder competir con ela, o que se logrou en 1983 ao dar a FCC licenzas de MMDS, que orixinalmente podía ofrecer entre 30 e 40 canles pero coas novas tecnoloxías de procesado dixital de imaxe aumentou o número de canles ata as 200[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Top Bits
  2. Sky-Lan
  3. Universidade Las Palmas de Gran Canaria
  4. María Carmen España Boquera "Servizos avanzados de telecomunicación"‬, páxina 140