Teglatfalasar III
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | 727 a. C. |
King of Assyria (en) | |
Rei de Babilonia | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión en Mesopotamia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Asiria |
Ocupación | rei |
Familia | |
Fillos | Salmanaser V, Sargão II da Assíria |
Pai | Adad-nirari III |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
Teglatfalasar III, tamén coñecido como Tiglatpileser III, nado en -746 e finado en -722, foi rei de Asiria. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou ao trono tras unha guerra civil. Venceu a Urartu (Armenia), aos medos, aos neohititas e controlou toda Siria (destruíu Damasco) e Fenicia. Tomou Arpad tras tres anos de asedio. Impuxo un duro tributo a Hamath e derrotou ao reino de Xudá e aos filisteos, e ocupou Samaria e a maior parte de Israel. Realizou masivas deportacións e duras represións. Acabou co poderío de Babilonia da cal se proclamou rei co seu nome orixinario Pulu.
Atribúeselle a construción do pazo de Nimrud.
Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo á fronte gobernadores eunucos.
Recrutou estranxeiros no seu exército co fin de poder prolongar as campañas militares alén do verán. Os asirios seguiron formando a cabalaría e as unidades de carros, deixándose para os foráneos a infantaría. Incrementou o papel da cabalaría fronte aos carros, o que permitiu avanzar por áreas montañosas e gañar en velocidade de manobra e ataque. Todo isto permitiulle un despregue militar sen precedentes.
Sucedeuno Salmanasar V, seu fillo.