Saltar ao contido

Teatro romano de Tarraco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaTeatro romano de Tarraco
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deConxunto arqueolóxico de Tarraco Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaCamp de Tarragona Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTarragona, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°06′46″N 1°14′58″L / 41.1128, 1.2494
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 0,54 ha
zona de protección: 3,4 ha Editar o valor en Wikidata
Ben Cultural de Interese Nacional
TipoZona Arqueológica, Monumentos do patrimonio histórico de España
Data30 de decembro de 2014
Codi BCIN2066-MH-ZA Editar o valor en Wikidata
Id. IPAPC9536 Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2000 (24ª Sesión)
Identificador875-006
Historia
Data de creación ou fundaciónséculo I Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
século II clausura Editar o valor en Wikidata

O Teatro romano de Tarraco é un edificio romano situado nos arredores do complexo do foro da colonia, na cidade de Tarraco, capital da provincia Hispania Citerior Tarraconensis, actual Tarragona (Cataluña, España). É unha das localizacións do lugar Patrimonio da Humanidade denominado «Conxunto arqueolóxico de Tarraco», en concreto o que leva como código de identificación 875-006.

O teatro foi construído en época de Augusto a finais do século I aC, como resultado da monumentalización do Foro da Colonia, e era un dos edificios máis emblemáticos de Tarraco.

O edificio utilizouse ata finais do século II, data na que se abandonou o seu uso. No século III, logo dun incendio no recinto, na zona monumental anexa ao teatro fixéronse novos edificios usando os materiais do teatro.

Características arquitectónicas e usos

[editar | editar a fonte]

O teatro atópase en condicións de abandono sen museización, pese a que foi declarado patrimonio da Humanidade. Recentemente habilitouse un miradoiro na rúa Sant Magí e estase traballando na rehabilitación do espazo do teatro así como das construcións do seu redor. Para a súa construción aproveitouse a pendente natural do terreo, como no caso do Anfiteatro da mesma cidade, para recortar unha parte das bancadas. Para o resto utilizouse un sistema de criptopórticos anulares.

A scaena era o lugar destinado ás representacións teatrais, e compoñíase dunha plataforma elevada sobre un podio decorado con exedra. Na parte posterior da escena deseñouse unha praza con xardíns para o acceso dos espectadores ao Teatro, e no seu centro existía un gran estanque con estatuas sobre pedestais no seu interior.

O escenario (proscaenium) estaba pechado por unha fachada monumental decorada (frons scaenae).

Os espectadores distribuíanse nas bancadas por orde censatario e social.

Conservación e achados

[editar | editar a fonte]

Actualmente, consérvanse unicamente as cinco primeiras filas das bancadas ao redor da orchestra e dúas das tres escaleiras radiais que articulaban a bancada. Tamén se conserva a base do pulpitum e da scaenae frons, podéndose ver aínda os ocos onde ían colocados os soportes do pano.

Nas distintas probas realizadas no teatro e a súa contorna acháronse importantes restos arqueolóxicos, como capiteis, frisos, columnas, esculturas etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]