Teatro Avresno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A compañía Teatro Avresno é un grupo de teatro afeccionado con sede en Moaña.

Historia do grupo[editar | editar a fonte]

Esta agrupación moañesa foi creada no outono de 1997 por cinco actores afeccionados. A primeira estrea prodúcese en agosto de 1998 coa obra O triciclo de Fernando Arrabal. Entre as diferentes representacións desta obra, destacan a do Ciclo de Teatro Afeccionado de Moaña e de Cangas.

Despois desta primeira experiencia representan a obra As árbores morren en pé, do español Alejandro Casona, cun elenco que aumenta ata os doce actores, ao longo dos anos 2001 e 2002. Participan no Ciclo de Teatro Afeccionado de Cangas ou na Semana Cultural das Letras Galegas da Universidade de Vigo. A finais do 2002 Teatro Avresno convértese en asociación sen fin de lucro.

O seguinte proxecto foi A súa maxestade a moda, do valenciano Eduardo Quiles, estreada en maio de 2004 e que foi representada en Portugal dentro do II Festival de Teatro Amador de Benedita (Alcobaça) en abril de 2005. En inverno de 2006 recuperan a comedia Historias íntimas do Paraíso de Jaime Salom, estreada a principios de xaneiro de 2008.

Os traballos de dirección, tradución dos textos ao galego e creación de vestiarios e decorados son propios.

Obras representadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]