Saltar ao contido

Taxco de Alarcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taxco de Alarcón
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Características
 Situación patrimonial
Localización
 Situado en
 Irmandado con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   52.217 (2010) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   347 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.778 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal40200 Editar o valor en Wikidata
VIAF159579989 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01yy6k Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Taxco de Alarcón (náhuatl: tlachtli e co, 'xogo de pelota, lugar' 'lugar onde se xoga pelota ou lugar do xogo de pelota') é unha cidade mexicana situada no estado de Guerrero. É un dos centros turísticos máis importantes do devandito estado. Pola súa beleza arquitectónica é considerado pola Secretaría de Turismo de México unha vila máxica. Taxco é o centro mineiro máis antigo do continente, motivo polo cal é coñecido polas súas minas de prata, as cales existen dende a época da colonia. A cidade de Taxco aínda preserva gran parte do seu estilo colonial, como tamén o Templo de Santa Prisca, consagrado en 1759,[1] construída no estilo barroco novohispano.

Segundo os resultados publicados no II Censo de Poboación e Vivenda, efectuado polo Instituto Nacional de Estatística e Xeografía de México (INEGI), no ano 2005, a cidade de Taxco de Alarcón tiña até ese momento unha poboación total de 50.415 habitantes; 24.362 correspondente a homes e 26.053 mulleres.

  1. Elisa Vargaslugo La iglesia de Santa Prisca de Taxco.UNAM, 3ª ed, 1999, páxina 88

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.