Fi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Maiúscula e minúscula da letra fi.

Fi é o nome da vixésimo primeira letra do alfabeto grego (φῖ); equivale ao /f/, anteriormente tiña o valor de /ph/, oclusiva labial xorda aspirada. Minúscula φ, maiúscula Φ. Adoita transcribirse como f. Como signo numérico representaba o quiñentos. En maiúscula serve tamén para designar o vixésimo primeiro canto da Ilíada de Homero e en minúscula o vixésimo primeiro da Odisea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]