Tatiana Zatulovskaia
(1964) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de decembro de 1935 Bakú, Azerbaidján |
| Morte | 2 de xullo de 2017 Ascalón, Israel |
| Causa da morte | afogamento |
| Educación | Universidade Estatal Petroquímica de Azerbaidján |
| Actividade | |
| Ocupación | xadrecista |
| Nacionalidade deportiva | Rusia Unión Soviética Israel |
| Deporte | xadrez |
| Título de xadrecista | Mestra do deporte da Unión Soviética en xadrez (1959) Mestra Internacional Feminina (1961) Gran Mestra Feminina (1976) |
| Puntos ELO (màx.) | 2.245 (1980)< |
| Participou en | |
| 2002 | Women's Chess Olympiad 2002 (en) |
| 1966 | Olimpíada de xadrez para mulheres de 1966 (pt) |
| 1963 | Olimpíada de xadrez para mulheres de 1963 (pt) |
| Premios | |

Tatiana Zatulovskaia (hebreo: טטיאנה זטולובסקיה; ruso: Татьяна Яковлевна Затуловская), nada en Bakú (RSS de Azerbaidján) o 8 de decembro de 1935 e finada en Ascalón (Israel) o 2 de xullo de 2017,[1] foi unha xadrecista israelí (anteriormente soviética e rusa). Foi tres veces campioa do Campionato Soviético Feminino e dúas veces campioa mundial Sénior Feminina. Foi nomeada Mestra Internacional Feminina en 1961 e Gran Mestra Feminina en 1976. Durante a súa vida tamén foi enxeñeira xeolóxica e ximnasta.[2]
Zatulovskaia gañou o Campionato Soviético Feminino de Xadrez en 1960, 1962 e 1963. Representou a URSS nas Olimpíadas Femininas de Xadrez en 1963 e 1966, e gañou a medalla de ouro do equipo en ambas ocasións. Obtivo tamén unha medalla de prata individual en 1963 e un ouro individual en 1966. Durante as décadas de 1960 e 1970 clasificouse en varias ocasións para os campionatos Interzonais e os Torneos de Candidatas previos aos Mundiais Femininos de Xadrez.
En 1993 gañou o Mundial Feminino Sénior cunha puntuación de 10 puntos sobre 11 (10 vitorias, 0 derrotas e 2 táboas). Repetiu ese éxito en 1997. En 2000 emigrou a Israel, país ao que representou nas Olimpíadas Femininas de Xadrez de 2002 en Bled (Eslovenia).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RIP Tatiana Zatulovskaya (1935-2017)". Chess Federation of Russia (en inglés). 2 de xullo de 2017. Consultado o 4 de abril de 2023.
- ↑ Sunnucks, Anne (1976). Encyclopaedia of Chess (en inglés). Robert Hale. p. 588. ISBN 9780709146971.