Estanislao Pérez Artime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tanis de la Riva»)
Infotaula de personaEstanislao Pérez Artime

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1881 Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 1945 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Deputación da Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTanis de la Riva Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Estanislao Pérez Artime, coñecido como Tanis de la Riva, nado en Padrón en 1881 e finado en Vilagarcía de Arousa o 12 de marzo de 1945[1], foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do comerciante José Ramón Pérez de la Riva, procedente de Ortigosa de Cameros (A Rioxa), e da padronesa María Dolores Artime Pérez, irmá de Eloy Artime Pérez. Foi concelleiro en Padrón, deputado provincial dende 1919[2] e representaba no distrito de Padrón a Rafael Gasset Chinchilla e despois ao deputado Antonio Rodríguez Pérez.

En 1929 creou a empresa Lámparas Iria SA, unha fábrica de lámpadas incandescentes, sendo o propio Estanislao xerente e presidente do Consello de Administración. Tamén foi presidente do Consello de Administración do Hotel Compostela.

Foi deputado provincial en 1923 e vicepresidente da Deputación. Foi nomeado presidente da Deputación da Coruña a finais de 1935.

Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi empresariado, permanecendo unha temporada no cárcere de Santiago de Compostela. Cando saíu del, deu cartos para reparar o presidio, co fin de mellorar as condicións nas que se atopaban os presos. Logo pasou a unha habitación do Hotel Compostela, baixo vixilancia pagada por el, pero unha denuncia da Falanxe de Padrón fixo que o levaran ao Sanatorio Baltar. Foi expedientado pola Comisión Provincial de Incautacións de Bens en 1937[3].


Predecesor:
Antonio Goyanes Cedrón
 
Presidente da Deputación da Coruña
 
1935 - 1936
Sucesor:
José López Bouza

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Angela Rey Baltar, irmá de Ramón Rey Baltar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Compostelano, 12-3-1945, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 16-7-1919, p. 4.
  3. Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Concello de Rianxo, ed. Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. p. 357. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]