Tamara E. Jernigan
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de maio de 1959 Chattanooga |
| Educación | Universidade Stanford Universidade de California, Berkeley Universidade Rice Santa Fe High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, enxeñeira |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Tempo no espazo | 63 días, 1 hora e 24 minutos |
| Familia | |
| Cónxuxe | Peter Wisoff |
| Premios | |
| |
Tamara Elizabeth "Tammy" Jernigan, nada en Chattanooga (Tennessee) o 7 de maio de 1959, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jernigan graduouse en física e é máster en enxeñería pola Universidade de Stanford en 1981 e 1983 e máster en astronomía pola Universidade de California en Berkely en 1985. Ten un doutoramento en física espacial e astronomía pola Universidade Rice en 1988.[1][2]
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xuño de 1985. Participou nas misións STS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96. Deixou a NASA en setembro de 2001 para pasar a ter un cargo no Laboratorio Nacional Lawrence Livermore.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2020). "Jernigan, Tamara Elizabeth 'Tammy'" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2020.
- 1 2 3 NASA, ed. (novembro de 2001). "TAMARA E. “TAMMY” JERNIGAN (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tamara E. Jernigan |