STS-40

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-40
Lanzamento da misión STS-40.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento5 de xuño de 1991, 13:24 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión9,09 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos biolóxicos co módulo SLS-1.[3][6]
Regreso14 de xuño de 1991[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1991-040A

STS-40 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 15 de xuño de 1991 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-40, con sete astronautas a bordo (Bryan D. O'Connor, comandante, Sidney M. Gutierrez, piloto, os especialistas de misión James P. Bagian, Tamara E. Jernigan, Margaret R. Seddon e os especialistas de carga F. Drew Gaffney e Millie Hughes-Fulford), foi lanzada co módulo SLS-1 (Spacelab Life Sciences 1) adicado ás ciencias biolóxicas. Estudáronse desde aspectos fisiolóxicos dos efectos da microgravedade nos astronautas ata diversos aspectos biolóxicos en animais.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Base Edwards da Forza Aérea o 14 de xuño de 1991.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 40" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657(E)). 9 de outubro de 2002: 4. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 40/SLS 1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-40 - SLS 1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-40" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-40" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]