Tallerina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tallerina
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Cardiida
Superfamilia: Tellinoidea
Familia: Tellinidae
Xénero: Macomangulus
Especie: Macomangulus tenuis
Nome binomial
Macomangulus tenuis
(da Costa, 1778)
Sinonimia

Macomangulus bourguignati Locard, 1886
Macomangulus commutata Monterosato, 1884
Macomangulus occidentalis G. B. Sowerby II, 1867
Macomangulus lucida Deshayes, 1848
Macomangulus tenuis angusta Philippi, 1836
Macomangulus hyalina Deshayes, 1835
Macomangulus rubens Link, 1807
Macomangulus polita Pulteney, 1799
Macomangulus exigua Poli, 1791

Cunchas de tallerina mostrando a variedade de cores.

A tallerina ou tellina (Angulus tenuis, da Costa 1778; antes Tellina tenuis) é un molusco bivalvo da familia Tellínidos (Tellinidae), da orde Veneroida.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Trátase dun molusco de pequeno tamaño, que non supera os 2 cm de eixo maior, marcadamente aplanado, coa cuncha fráxil e inequivalva (a valva dereita é algo maior que a esquerda). O perfil é oval, cos extremos apuntados. Marxe interior dentada.

A superficie é lisa, con liñas concéntricas moi finas. A cor é moi variable: branca, rosada, amarela, ás veces uniformes pero normalmente con bandas concéntricas máis escuras. Moi raramente, a cor varía dunha valva á outra. O periostraco é transparente. O interior é da mesma cor que a superficie externa, aínda que en tons máis pálidos.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Distribúese pola costa europea do Atlántico, desde Noruega a Marrocos, incluíndo o Mediterráneo.

Vive sobre fondos de area na franxa infralitoral ata profundidades de poucos metros. Pode enterrarse ata os 13 cm de profundidade.

Ser, é comestible pero non ten valor comercial.

Ríos Panisse atopou os seguintes sinónimos nos distintos portos da costa galega: cadelucha, chirla, chisga, margarita e tellina real.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]