Illa Tahaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tahaa")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tahaa
Imaxe satélite de Bora Bora, Tahaa e Raiatea. Tahaa é a illa situada no centro, compartindo arrecife con Raiatea, ao sur
Imaxe satélite de Bora Bora, Tahaa e Raiatea. Tahaa é a illa situada no centro, compartindo arrecife con Raiatea, ao sur
Localización da illa
Localización da illa
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas da Sociedade
MarOcéano Pacífico
Coordenadas16°38′S 151°29′O / -16.633, -151.483Coordenadas: 16°38′S 151°29′O / -16.633, -151.483
Xeografía
Superficie90´2 km²
Punto máis alto590 m. Mont Ohiri
Demografía
CapitalPatio
Poboación5003 hab. (2007)
Densidade55 hab./km²

Tahaa (en tahitiano Taha´a) é unha das illas de Sotavento do arquipélago das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 5 km ao oeste de Raiatea.

Tahaa, máis pequena que Raiatea, atópase rodeada pola mesma coroa de arrecifes, compartindo a mesma lagoa e unha vez puido ser unha soa illa. A superficie total é de 88 km², e a altitude máxima é de 590 m no monte Ohiri. A vila principal é Patio e a poboación era de 4.869 habitantes no censo do 2002.

A illa produce o 80% de toda a vainilla da Polinesia Francesa. Cultívase a variedade de vainilla tahitensis, creada nas illas grazas ao cruzamento da vainilla fragans e vainilla pompona, resultando unha variedade moi apreciada polo seu perfume e a riqueza do seu aceite. Debido á riqueza que proporcionou, dise que a vainilla é a perla negra de Tahaa. Hoxe en día a illa coñécese co sobrenome de «a illa vainilla». Tamén produce perlas dunha calidade excepcional.

Antigamente Tahaa chamábase Uporu, en recordo da illa Upolu nas Samoa. Debido á proximidade con Raiatea, foi fortemente dependente. Pero durante os séculos XVIII e XIX foi un lugar estratéxico no conflito de rivalidades entre Raiatea e Bora Bora.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]