Illa Tahaa
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| División administrativa | departamentos e territorios de ultramar de Francia | ||||
| Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
| Arquipélago | Illas de Sotavento | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.296 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 88 km² | ||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 98733 e 98734 | ||||
| Fuso horario | |||||
Tahaa (en tahitiano Taha´a) é unha das illas de Sotavento do arquipélago das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 5 km ao oeste de Raiatea.
Tahaa, máis pequena que Raiatea, atópase rodeada pola mesma coroa de arrecifes, compartindo a mesma lagoa e unha vez puido ser unha soa illa. A superficie total é de 88 km², e a altitude máxima é de 590 m no monte Ohiri. A vila principal é Patio e a poboación era de 4.869 habitantes no censo do 2002.
A illa produce o 80% de toda a vainilla da Polinesia Francesa. Cultívase a variedade de vainilla tahitensis, creada nas illas grazas ao cruzamento da vainilla fragans e vainilla pompona, resultando unha variedade moi apreciada polo seu perfume e a riqueza do seu aceite. Debido á riqueza que proporcionou, dise que a vainilla é a perla negra de Tahaa. Hoxe en día a illa coñécese co sobrenome de «a illa vainilla». Tamén produce perlas dunha calidade excepcional.
Antigamente Tahaa chamábase Uporu, en recordo da illa Upolu nas Samoa. Debido á proximidade con Raiatea, foi fortemente dependente. Pero durante os séculos XVIII e XIX foi un lugar estratéxico no conflito de rivalidades entre Raiatea e Bora Bora.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Tahaa |
- Taha'a l'île vanille - Oficina de Turismo de Tahiti e súas illas.
- Carte des sites touristiques de Taha'a (Interactive) - Tahiti Heritage maps.
