Saltar ao contido

CP 500

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CP-500
Prológica
Información xeral
FabricantePrológica
FamiliaTRS-80
Información técnica
Sistema operativoDOS500, CP/M
ProcesadorZ-80
Memoria16KB ou 48KB
Almacenaxedisquete e casete
MonitorMonocromático verde
GráficosSemigráficos: 128 x 48

CP 500 foi un ordenador brasileiro fabricado pola compañía Prológica, baseado e totalmente compatible en hardware e software co ordenador TRS-80 Modelo III, da Tandy Corporation. O modelo inicial foi producido en 1982, e axiña conseguiu grande éxito nas vendas, sendo obxecto de varios artigos en revistas especializadas en informática e electrónica da época, como a revista Micro Sistemas e Nova Eletrônica. O equipo era construído en monobloque, con todos os principais dispositivos de entrada e saída xuntos, e constaba de monitor, unidades de disco e teclado.[1][2]

  1. "CP 500, um sucesso de venda dos anos 80" (en portugués). Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  2. "CP-500" (en portugués). Retrocomputaria. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.