Porto paralelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un porto paralelo de impresora na parte de atrás de un portátil Compaq N150.

Un porto paralelo é unha interface entre un ordenador e un periférico cuxa principal característica é que os bits de datos viaxan xuntos enviando un byte completo ou máis á vez. O conector físico entre o porto paralelo e o periférico é un cable, denominado cable paralelo, establecéndose así unha vía física para cada bit de datos, formando dese xeito un bus. Así e todo nun porto paralelo haberá unha serie de bits de control en vías á parte que irán en ambos os sentidos por camiños distintos. En contraposición ó porto paralelo está o porto serie, que envía os datos bit a bit polo mesmo fío. A chegada dos portos USB desprazou ó porto paralelo [1].

Porto paralelo Centronics[editar | editar a fonte]

O porto paralelo máis coñecido é o porto de impresora (que cumpren máis ou menos a norma IEEE 1284, tamén denominados tipo Centronics) que destaca pola súa sinxeleza e que transmite 8 bits. Foi usado principalmente para conectar impresoras, pero tamén para programadores EPROM, escáners, interfaces de rede Ethernet a 10 MB, unidades ZIP é SuperDisk e para comunicación entre dous PCs (MS-DOS trouxo nas versións 5.0 ROM a 6.22 un programa para soportar esas transferencias). O porto paralelo das computadoras, de acordo á norma Centronic, está composto por un bus de comunicación bidireccional de 8 bits de datos, ademais dun conxunto de liñas de protocolo. As liñas de comunicación contan con un reteñedor que mantiene o último valor que lles foi escrito ata que se escribe un novo dato, as características eléctricas son:

Características[editar | editar a fonte]

  • Tensión de nivel alto: 3.3 o 5 V.
  • Tensión de nivel baixo: 0 v.
  • Intensidade de saída máxima: 2.6 mA.
  • Intensidade de entrada máxima: 24 mA.

O sistema operativo xestiona as interfaces do porto paralelo cos nomes LPT1, LPT2 e así sucesivamente, as direccións base dos primeiros portos son:

  • LPT1 = 0x378.
  • LPT2 = 0x278

A estrutura consta de tres rexistros: de control, de estado e de datos.

  • O rexistro de datos, componse de 8 bits, e é bidireccional. A súa dirección no LPT1 e 0x378.
  • o rexistro de estado, trátase dun rexistro de entrada de información de 5 bits, a súa dirección e LPT1 e 0x379.
  • O rexistro de control é bidireccional de 4 bits, con un bit de configuración que non ten conexión ó exterior, a súa dirección no LPT1 é 0x37A.

Porto paralelo IDE[editar | editar a fonte]

Así e todo, existe outro porto paralelo usado masivamente nos ordenadores : o porto paralelo IDE, tamén chamado PATA (Paralell ATA), usado para a conexión de discos duros, unidades ópticas lectoras/gravadoras (CD-ROM, DVD), unidades magneto-ópticas, unidades ZIP e SuperDisk

Porto paralelo SCSI[editar | editar a fonte]

Un terceiro porto paralelo, moi usado nos ordenadores Apple Macintosh e en servidores, son as diferentes implementacións do SCSI. Ó igual que o IDE foi usado para as conexións de discos duros, unidades ópticas lectoras/gravadoras (CD-ROM, DVD), unidades magneto-ópticas, unidades ZIP e SuperDisk, pero tamén de outros dispositivos como escáners.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  • IEEE 1284 é o estándar da IEEE para o porto da impresora dun PC.
  • 8255 controlador paralelo de Intel.
  • Z80PIO controlador paralelo do Zilog.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Damien, Jose (2011). Introduction to Computers and Application Software. p. 33: Jones & Bartlett Learning. ISBN 1449609821.