Factor de crecemento transformante beta 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TGF beta 1»)
Representación do TGF-β1 de PDB 1kla
Identificadores
Símbolo TGFB1
Símbolos alt. CED; DPD1; LAP; TGFB; TGFbeta
Entrez 7040
OMIM

190180

RefSeq NP_000651
UniProt P01137
Outros datos
Locus Cr. 19 :(41.3 – 41.35 Mb)

O factor de crecemento transformante beta 1 (TGF-β1) é un polipéptido membro da superfamilia do TGF beta de citocinas. É unha proteína segregada que realiza moitas funcións celulares, como o control do crecemento celular, proliferación celular, diferenciación celular e apoptose. En humanos, o TGF-β1 stá codificado polo xene TGFB1 do cromosoma 19.[1][2]

Función[editar | editar a fonte]

O TGF-β é un conxunto multifuncional de peptidos que controla a proliferación e diferenciación celular, e outras funcións en moitos tipos celulares. O TGF-β actúa sinérxicamente co TGF alfa ao inducir a transformación tumoral de células. Tamén actúa como factor de crecemento autócrino. A desregulación da activación de TGF-β e a sinalización pode ter como resultado a apoptose. O TGF-β sintetízase en moitas células e todas teñen receptores específicos para este péptido. As isoformas TGF-β1, TGF-β2, e TGF-β3 funcionan todas utilizando os mesmos sistemas de sinalización por receptor.[3]

O TGF-β1 foi identificado primeiro en plaquetas humanas como proteína cunha masa molecular de 25 kDa cun uso potencial na curación de feridas.[4] Posteriormente determinouse que se sintetizaba como unha gran proteína precursora (que contén 390 aminoácidos) que é despois procesada proteoliticamente para producir un péptido maduro de 112 aminoácidos.[5]

O TGF-β1 xoga un importante papel no control do sistema inmunitario, e presenta distintas actividades en distintos tipos de células, ou en células que están en distintos estados de desenvolvemento. A maioría das células inmunitarias (ou leucocitos) segregan TGF-β1.[6]

Células T[editar | editar a fonte]

Algunhas células T (por exemplo as células T reguladoras) liberan TGF-β1 para inhibir as accións doutras células T. A proliferación celular procedente da interleucina 1 e interleucina 2 de células T activadas,[7][8] e a activación de células T colaboladoras quiescentes e T citotóxicas impídese pola actividade do TGF-β1.[9][10] De xeito similar, o TGF-β1 pode inhibir a secreción e actividade de moitas outras citocinas, como o interferón-γ, factor de necrose tumoral-alfa (TNF-α) e varias interleucinas. Pode tamén diminuír os niveis de expresión de receptores de citocinas, como o receptor de IL-2 para regular á baixa a actividade das células inmunitarias. Porén, o TGF-β1 pode tamén incrementar a expresión de certas citocinas en células T e promove a súa proliferación, especialmente se as células son inmaturas.[6]

Células B[editar | editar a fonte]

O TGF-β1 ten efectos similares sobre as células B que tamén varían segundo o estado de diferenciación celular. Inhibe a proliferación e estimula a apoptose de células B,[11] e xoga un papel no control da expresión de anticorpos, transferrina e proteínas MHC de clase II en células B maduras e inmaturas.[6][11]

Células mieloides[editar | editar a fonte]

Os efectos de TGF-β1 sobre os macrófagos e monocitos son predominantemente supresores; esta citocina pode inhibir a proliferación de ditas células e impedir a súa produción de especies reactivas do oxíxeno (por exemplo superóxidos (O2)) e de intermediarios do nitróxeno (por exemplo óxido nítrico (NO)). Porén, igual que noutros tipos celulares, o TGF-β1 pode tamén ter o efecto oposto sobre as células de orixe mieloide. Por exemplo, o TGF-β1 actúa como quimioatractor, dirixindo unha resposta inmunitaria a algúns patóxenos; os macrófagos e monocitos responden a baixos niveis de TGF-β1 de modo quimiotáctico. Ademais, a expresión de citocinas monocíticas (como a interleucina 1 (IL-1)-alfa, IL-1-beta, e o TNF-α),[10] e a morte por fagocitose causada por macrófagos pode incrementarse pola acción do TGF-β1.[6]

Interaccións[editar | editar a fonte]

O TGF-β1 presenta interaccións con:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ghadami M, Makita Y, Yoshida K, Nishimura G, Fukushima Y, Wakui K, Ikegawa S, Yamada K, Kondo S, Niikawa N, Tomita Ha (January 2000). "Genetic mapping of the Camurati-Engelmann disease locus to chromosome 19q13.1-q13.3". Am. J. Hum. Genet. 66 (1): 143–7. PMC 1288319. PMID 10631145. doi:10.1086/302728. 
  2. Vaughn SP, Broussard S, Hall CR, Scott A, Blanton SH, Milunsky JM, Hecht JT (May 2000). "Confirmation of the mapping of the Camurati-Englemann locus to 19q13. 2 and refinement to a 3.2-cM region". Genomics 66 (1): 119–21. PMID 10843814. doi:10.1006/geno.2000.6192. 
  3. "Entrez Gene: TGFB1 transforming growth factor, beta 1". 
  4. Assoian RK, Komoriya A, Meyers CA, Miller DM, Sporn MB (1983). "Transforming growth factor-beta in human platelets. Identification of a major storage site, purification, and characterization". J. Biol. Chem. 258 (11): 7155–60. PMID 6602130. 
  5. Derynck R, Jarrett JA, Chen EY, Eaton DH, Bell JR, Assoian RK, Roberts AB, Sporn MB, Goeddel DV (1985). "Human transforming growth factor-beta complementary DNA sequence and expression in normal and transformed cells". Nature 316 (6030): 701–5. PMID 3861940. doi:10.1038/316701a0. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Letterio JJ, Roberts AB (1998). "Regulation of immune responses by TGF-beta". Annu. Rev. Immunol. 16: 137–61. PMID 9597127. doi:10.1146/annurev.immunol.16.1.137. 
  7. Wahl SM, Hunt DA, Wong HL, Dougherty S, McCartney-Francis N, Wahl LM, Ellingsworth L, Schmidt JA, Hall G, Roberts AB (1988). "Transforming growth factor-beta is a potent immunosuppressive agent that inhibits IL-1-dependent lymphocyte proliferation". J. Immunol. 140 (9): 3026–32. PMID 3129508. 
  8. Tiemessen MM, Kunzmann S, Schmidt-Weber CB, Garssen J, Bruijnzeel-Koomen CA, Knol EF, van Hoffen E (2003). "Transforming growth factor-beta inhibits human antigen-specific CD4+ T cell proliferation without modulating the cytokine response". Int. Immunol. 15 (12): 1495–504. PMID 14645158. doi:10.1093/intimm/dxg147. 
  9. Gilbert KM, Thoman M, Bauche K, Pham T, Weigle WO (1997). "Transforming growth factor-beta 1 induces antigen-specific unresponsiveness in naive T cells". Immunol. Invest. 26 (4): 459–72. PMID 9246566. doi:10.3109/08820139709022702. 
  10. 10,0 10,1 Wahl SM, Wen J, Moutsopoulos N (2006). "TGF-beta: a mobile purveyor of immune privilege". Immunol. Rev. 213: 213–27. PMID 16972906. doi:10.1111/j.1600-065X.2006.00437.x. 
  11. 11,0 11,1 Lebman DA, Edmiston JS (1999). "The role of TGF-beta in growth, differentiation, and maturation of B lymphocytes". Microbes Infect. 1 (15): 1297–304. PMID 10611758. doi:10.1016/S1286-4579(99)00254-3. 
  12. Hildebrand A, Romarís M, Rasmussen LM, Heinegård D, Twardzik DR, Border WA, Ruoslahti E (September 1994). "Interaction of the small interstitial proteoglycans biglycan, decorin and fibromodulin with transforming growth factor beta". Biochem. J. 302 ( Pt 2): 527–34. PMC 1137259. PMID 8093006. 
  13. Schönherr E, Broszat M, Brandan E, Bruckner P, Kresse H (July 1998). "Decorin core protein fragment Leu155-Val260 interacts with TGF-beta but does not compete for decorin binding to type I collagen". Arch. Biochem. Biophys. 355 (2): 241–8. PMID 9675033. doi:10.1006/abbi.1998.0720. 
  14. Takeuchi Y, Kodama Y, Matsumoto T (Dec 1994). "Bone matrix decorin binds transforming growth factor-beta and enhances its bioactivity". J. Biol. Chem. 269 (51): 32634–8. PMID 7798269. 
  15. Choy L, Derynck R (November 1998). "The type II transforming growth factor (TGF)-beta receptor-interacting protein TRIP-1 acts as a modulator of the TGF-beta response". J. Biol. Chem. 273 (47): 31455–62. PMID 9813058. doi:10.1074/jbc.273.47.31455. 
  16. Saharinen J, Keski-Oja J (August 2000). "Specific sequence motif of 8-Cys repeats of TGF-beta binding proteins, LTBPs, creates a hydrophobic interaction surface for binding of small latent TGF-beta". Mol. Biol. Cell 11 (8): 2691–704. PMC 14949. PMID 10930463. doi:10.1091/mbc.11.8.2691. 
  17. Ebner R, Chen RH, Lawler S, Zioncheck T, Derynck R (November 1993). "Determination of type I receptor specificity by the type II receptors for TGF-beta or activin". Science 262 (5135): 900–2. PMID 8235612. doi:10.1126/science.8235612. 
  18. Oh SP, Seki T, Goss KA, Imamura T, Yi Y, Donahoe PK, Li L, Miyazono K, ten Dijke P, Kim S, Li E (March 2000). "Activin receptor-like kinase 1 modulates transforming growth factor-beta 1 signaling in the regulation of angiogenesis". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 97 (6): 2626–31. PMC 15979. PMID 10716993. doi:10.1073/pnas.97.6.2626. 
  19. McGonigle S, Beall MJ, Feeney EL, Pearce EJ (February 2001). "Conserved role for 14-3-3epsilon downstream of type I TGFbeta receptors". FEBS Lett. 490 (1-2): 65–9. PMID 11172812. doi:10.1016/s0014-5793(01)02133-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]