Semigalia
Zemgale | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia ![]() | ||||
Semigalia[1] (en letón: Zemgale) é unha rexión histórica e provincia que corresponde á parte centro-sur de Letonia, cuxa historia está en gran medida ligada á de Curlandia, coa que formou un ducado do mesmo nome.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Abrangue os seguintes concellos e cidades (c):
Demografía
[editar | editar a fonte]A evolución demográfica recente dos seus distritos é a seguinte:[4]
2000 | 2011 | 2021 | |
Aizkraukles | 40 151 | 33 493 | 29 367 |
Bauskas | 54 855 | 47 104 | 41 755 |
Dobeles | 39 618 | 39 618 | 28 517 |
Jēkabpils | 56 257 | 46 703 | 40 576 |
Jelgava (cidade) | 66 375 | 59 511 | 55 336 |
Jelgavas | 37 337 | 34 402 | 31 969 |
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome de Semigallia aparece en fontes como Seimgala, Zimgola e Sem[e]gallen. O elemento -gal[l] significa "fronteira" ou "extremo", mentres que a primeira sílaba corresponde a ziem ("norte"). Así pois, os semigaliáns eran os "habitantes das terras fronteirizas do norte", é dicir, dentro do contexto de Semigalia o pobo báltico das partes baixas dos vales dos ríos Mūša e Lielupe.[5]
Historia e lingua
[editar | editar a fonte]Semigalia é unha das rexións históricas e culturais de Letonia, pero hoxe en día non exercita ningún rango administrativo no país, só forma parte das rexións estatísticas. Xunto con Kurzeme e Selónia foron parte no pasado do Ducado da Curlandia e Semigália, vasalo de Lituania. Baixo o Imperio ruso esta rexión era coñecida como a Gobernatura de Curlandia.[6]
A extinta lingua semigaliá pertence ao grupo de linguas do leste báltico. Foi a lingua da rexión ata o século XVI en zonas do norte de Lituania e sur de Letonia, cando o pobo Semigaliá foi asimiliado tanto por Lituania como pola parte letoa. O semigalián non deixou mostras escritas observábeis, polo que o estudo desta lingua ágrafa baséase na topoloxía e no vocabulario oral conservado, como por exemplo no referente á auga. O semigalián foi identificado con elementos característicos tamén observados no curonio e no letón. Os son k, g no letón moderno son idénticos ao c, dz en semigalián.[7]
Economía
[editar | editar a fonte]Semigalia é notoría polas súas leiras moi produtivas para a agricultura, con case o 40 % da rexión forestada. O produto rexional bruto (GRP) é de 2 500 millóns de euros en 2023.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Curlandia, ducado de". Enciclopedia Galega Universal da Xunta de Galicia. Consultado o 22 de outubro de 2024.
- ↑ Milevski, Lukas (2018). The West's East: Contemporary Baltic Defense in Strategic Perspective (en inglés). Oxford University Press. p. 31. ISBN 978-0-19-087631-9.
- ↑ Información demográfica de Letonia
- ↑ "VIDZEME. Statistical Region in Latvia". citypopulation.de. 1 de xaneiro de 2021. Consultado o 3 de decembro de 2023.
- ↑ Bojt r, Endre (1999-01-01). Foreword to the Past: A Cultural History of the Baltic People. Central European University Press. ISBN 9789639116429 – vía Google Books.
- ↑ Smith, David James, ed. (2005). The Baltic States and Their Region (en inglés). Ámsterdam / Nova York: Rodopi B.V. ISBN 9789042016668.
- ↑ "Semigalian language". tied.verbix.com. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Gross domestic product by region and city (at current prices) 2000 - 2020". Oficiālās statistikas portāls (en inglés). Consultado o 2023-12-03.