Sónia Araújo
Aparencia
Nome orixinal | (pt) Sónia Margarida Lebreiro Araújo Martins |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de novembro de 1970 (54 anos) Porto, Portugal |
País de nacionalidade | Portuguesa |
Educación | Universidade Lusíada do Porto (pt) |
Actividade | |
Ocupación | Presentadora de televisión |
Sitio web | sonia-araujo.com |
Sónia Margarida Lebreiro Araújo Martins, nada no Porto o 24 de novembro de 1970, é unha presentadora de televisión portuguesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sónia licenciouse en Dereito pola Universidade Lusíada do Porto, foi alumna na Escola de Ballet Parnaso entre 1982-85 e frecuentou a Academia de Bailado Clássico Pirmin Treku en 1986.
O 1 de setembro de 2007, representou a Portugal en Londres, xuntamente con Ricardo Silva, no primeiro Festival de Eurovisión da Danza, acadando o 5º lugar (74 puntos).
Carreira
[editar | editar a fonte]Experiencia profesional
[editar | editar a fonte]- 1986 - Participación en espectáculos da Academia de Bailado Clássico Pirmin Treku, danzando os bailados: Coppélia, Piéce de Resistence, Foyer de la Danse, Era uma vez... um sonho, Dança de Jalisco, Algazarra, Quebra Nozes, Foz 19000, Lago dos Cisnes, Still Loving You e Vivaldiana.
- 1990 - En colaboración coa Companhia Nacional de Bailado participou no bailado D. Quixote.
- 1993 - Participou na peza Um Homem de Bem, de Raul Brandão.
- 1994 - Foi convidada por António Sala para formar parte do grupo de bailaríns do seu espectáculo, en xira polo país luso.
- 1995 - Foi convidada polo actor Fernandes Mendes a participar na revista Toma Lá Disto.
- 1995/96 - Participación en espectáculos da Rádio Renascença.
- 1996 - Participación no espectáculo de Luís de Matos, Luís de Matos Especial, no Teatro Académico Gil Vicente, en Coímbra.
Televisión
[editar | editar a fonte]Traballos na televisión como bailarina e asistente
[editar | editar a fonte]- 1993 - Asistente do ilusionista Luís de Matos, no programa Isto é Magia, para a RTP.
- 1994 - Seleccionada para formar parte do corpo de bailaríns do programa 1, 2, 3, na RTP.
- 1995 - Participación no programa Natal dos Hospitais, na RTP, como asistente de António Sala.
- 1995/96 - Participación no programa Quem é o Quê?, na RTP, como asistente de António Sala.
- 1995/96 - Participación no programa Chuva de Estrelas, na SIC, como bailarina.
- 1996 - Participación no programa Globos de Ouro 95, na SIC, como bailarina.
- 1996 - Participación no programa Avós e Netos, na RTP, presentado por Manuel Luís Goucha, como bailarina e asistente.
- 1996 - Integra o equipo do programa Praça da Alegri, na RTP.
- 1996/97 - Participación no programa Ilusões com Luís de Matos, na RTP, como asistente e bailarina.
Carreira como presentadora
[editar | editar a fonte]- 1999 - Presentación do programa Azul Vivo, na Sport TV.
- 2000 - Presentación do programa Santa Casa, en colaboración con António Machado e Manuel Luís Goucha, na RTP.
- 2001 - Presentación do programa Natal dos Hospitais, na RTP.
- 2002 - Presentación do programa Festival da Canção, en colaboración con Cristina Möhler, na RTP.
- 2002/13 - Presentación do programa Praça da Alegria, en colaboración con Jorge Gabriel, na RTP.
- 2002 - Presentación dos programas Natal dos Hospitais e Especial Praça de Natal, en colaboración con Jorge Gabriel, na RTP.
- 2003 - En decembro presenta xuntamente con Jorge Gabriel, José Carlos Malato, Helder Reis, Merche Romero e Júlio Isidro, o Natal dos Hospitais.
- 2007 - Participación e vitoria no programa Dança Comigo da RTP1. É escollida para representar Portugal, con Ricardo Silva, na primeira edición do Festival de Eurovisión da Danza.
- 2007 - Presentación do programa Luar na TVG xunto a Xosé Ramón Gayoso e Nieves Rodríguez.
- 2009/11 - O 6 de novembro de 2009 estreou Família, família, e presentou o programa nas sextas feiras, rematando en febreiro de 2011.
- 2009 - Apareceu en Um Lugar Para Viver en Famalicão.
- Dende 2013 - Presentación do programa Aqui Portugal, na RTP1.
- 2014 - Presentación do programa Especial Fin de Ano na TVG xunto a Xosé Ramón Gayoso e Silvia Jato.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sónia Araújo |