Século -XX
Aparencia
século XXI adC < século XX adC > século XIX adC
O século XX antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 2000 a.C. e terminou o 31 de decembro de 1901 a.C.
Acontecementos relevantes
[editar | editar a fonte]- c. 2000 a.C.: fabrícase o vaso de Asahi Mound, Prefectura de Toyama. Período Jōmon. Consérvase na Colección da Universidade de Tokio.
- c. 2000 a.C.: faise o Dogū, de Kurokoma, Prefectura de Yamanashi. Período Jōmon. Consérvase agora no Museo Nacional de Tokio.
- c. 2000 a.C.: completouse en gran parte a construción de Stonehenge.
- c. 2000 a.C.: inicio dos Dawn vertedoiros de cunchas de Lal-lo e Gattaran en Filipinas
- c. 2000 a.C.: domanse os cabalos e úsanse para o transporte.
- c. 2000 a.C.: desaparece o último mamut lanoso na illa Wrangel.
- c. 2000 a.C.: un membro da Civilización do val do Indo esculpe o Torso Harappa.[1]
- c. 2000 a.C.: o período medio Jōmon remata no Xapón.
- c. 2000 a.C.: comeza a decadencia da civilización Harappan.
- c. 2000 a.C.: comeza a Idade de Bronce no norte da Antiga China.
- c. 2000 a.C.: primeiro dos pazos minoicos en Creta. comezou a ocuparse o complexo do palacio de Knossos.
- c. 2000 a.C.: fundouse a cidade de Mantua.
- c. 2000 a.C.: chegada dos antepasados dos latinos en Italia.
- c. 2000 a.C.: os humanos instálanse en Matanchén, na actualidade Nayarit, México
- c. 2000 a.C.: amencer da cultura Capacha na actualidade Colima, México.
- c. 2000 a.C.: labregos e pastores viaxaron ao sur desde Etiopía e establecéronse en Kenya
- 2000 a.C.: en Grecia fúndase a aldea de Argos.
- 2000 a.C. (posiblemente): na Península Itálica os primeiros seres humanos instálanse nos sete outeiros (na actual Roma).
- 2000 a.C.: en Paquistán desenvólvese a Civilización do val do Indo.
- 2000 a.C.: familias de dorios entran en Grecia.
- 2000 a.C.: en Europa occidental comezan a cinstruírse megalitos, como Stonehenge.
- 2000 a.C.: primeiras referencias de que na China se practicaba a odontoloxía.
- c. 1995 a.C.: morre o faraón Mentuhotep II, XI dinastía exipcia.
- c. 1995 a.C.: antigo Exipto falece o faraón Mentuhotep IV. Fin da XI Dinastía. O faraón Amenemhat I comeza a gobernar. Inicio da XII Dinastía (segunda dinastía do Imperio Medio de Exipto), que se prolongaría ata principios do século XVIII a.C. A XII dinastía reorganiza o estado, establecendo unha forte centralización administrativa. O Imperio Medio xorde despois do Primeiro Período Intermedio, que é posterior ao Imperio Antigo de Exipto.
- 1990 a.C.: na península grega, comeza o período medio civilización heládica (Idade de bronce).
- En Creta comeza a construción de palacios minoicos. É o chamado "tempo dos primeiros palacios", que abrangue dende o 2000 ata o 1570 a.C.
- c. 1985 a.C. - 1795 a.C.: constrúense as tumbas cortadas en roca en Beni Hasan. XII dinastía.
- 27 de febreiro de 1953 a.C.: tivo lugar un aliñamento dos planetas visibles a simple vista no que estes planetas están xuntos nun período de 4,3 graos.
- 1974 a.C. - Erishum I converteuse no trixésimo terceiro gobernante de Asiria.
- c. 1942 a.C.: O chamado rei de Leubingen (hoxe parte de Sömmerda) foi enterrado nunha gran barraca dentro dun cairn de pedra de 20 m. de ancho dentro dunha gabia circular.
- 1932 a.C.: os Amurru conquistan Ur.
- c. 1928 a.C. - 1895 a.C.: "Escena da colleita", facssímile de témpera de Nina de Garis Davies pintura mural na tumba de Khnumhotep II, Beni Hasan. XII dinastía.
- c. 1920 a.C. inundación do canón de Jishi. Pode que provocara o comezo da primeira dinastía chinesa (cultura Xia, Erlitou)[2]
- 1913 a.C. - 1903 a.C.: guerra exipcio - Nubia.
- c. 1900 a.C. - Shalim-ahum e o seu fillo Ilu-shuma comezaron a gobernar a cidade de Assur aproximadamente nesta época.
- 1900 a.C.: no Mar Morto (Palestina e Xordania) prodúcese un terremoto. Descoñécese o número de mortes. Vexa Terremotos antes do século XX.
Invencións, descubrimentos, introducións
[editar | editar a fonte]- c. 2000 aC - aparece o Vidro.
- 2000 a.C. - No antigo imperio asirio, o cuneiforme sumerio evolucionou ao cuneiforme antigo asirio, con moitas modificacións na ortografía sumeria.
- 1950 a.C. - definición das primeiras medidas, unha barra de cobre de Nippur define o cóbado Sumerio (aproximadamente 51,72 cm). [Cómpre referencia]
- c. 1900 a.C. - o Cacao é domesticado polos Mokaya en Guatemala.[3]
Estados soberanos
[editar | editar a fonte]Véxase:Lista de estados soberanos no século XX antes de Cristo
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ O torso Harappa está agora gardado no Museo Nacional en Nova Delhi, na India.
- ↑ "Unha gran inundación puido haber dado lugar ao primeiro imperio de China". 2016-08-04.
- ↑ Watson, Traci (22 de xaneiro de 2013). "Earliest Evidence of Chocolate in North America". Science. Consultado o 3 de marzo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XX |