Systellura longirostris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Systellura longirostris
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Caprimulgiformes
Familia: Caprimulgidae
Xénero: Systellura
Especie: C. longirostris
Nome binomial
Caprimulgus longirostris
Bonaparte, 1825

Sinonimia

Hydropsalis longirostris

Systellura longirostris é unha especie de ave da familia das avenoiteiras orixinaria de América do Sur.[2] Antes clasificábase no xénero Caprimulgus.[1]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase na Arxentina, Bolivia, o Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Paraguai, o Perú, Uruguai e Venezuela. Vive en campos semiabertos, mesetas e áreas pedregosas ou rupestres, até os 2.500 m de altitude.[3] É unha ave cosmopolita que pode habitar entre os 0–4200 m. Pódese atopar en zonas boscosas ou no bordo das mesmas, así como en zonas abertas con pouca vexetación, mesmo é posible vela nos teitos das cidades. É unha ave principalmente nocturna, como moitos de individuos deste grupo, pode aniñar no chan como nos teitos de edificios ou casas.[4] Xeralmente póusase en pólas, chan ou tellados, en zonas poboadas e con fontes de luz. Cando se asusta fai un voos curtos tambaleantes e póusase nun lugar próximo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016). "Systellura longirostris". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T22725678A94899321. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22725678A94899321.en. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  2. Bacurau-da-telha
  3. Bacurau-da-telha; WikiAves.
  4. Ingels, J., Oniki, Y., & Willis, E. O. (1999). Opportunistic adaptations to man-induced habitat changes by some South American caprimulgidae. Revista Brasileira de Biologia, 59(4), 563–6. http://doi.org/10.1590/S0034-71081999000400005.
  5. Safford, R. (1998). Nightjars: a guide to nightjars and related nightbirds by Nigel Cleere; illustrated by Dave Nurney. BRITISH BIRDS, 91, 564-564.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]