Synaptura cadenati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Synaptura cadenati
Linguado da Guinea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Xénero: Synaptura
Especie: S. cadenati
Nome binomial
Synaptura cadenati
Chabanaud, 1948

Synaptura cadenati Chabanaud, 1948 é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como linguado da Guinea.[2]

Trátase dun pequeno linguado que habita nas costas do Atlántico centro-oriental, desde Senegal até o golfo da Guinea.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1948 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.[1]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario que lle outorgou Chabanaud, e actualmente válido, a especie coñécese tamén polo sinónimo Dagetichthys cadenati (Chabanaud, 1948).[1]

Controversia[editar | editar a fonte]

Esta especie, de acordo con Desoutter et al. (2001) sería sinónimo de Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Como todos os linguados ten unha aparencia característica, asimétrica e con ambos os ollos no mesmo lado do corpo, o chamado "lado" ocular" ou "lado pigmentado" (o dereito, neste caso), mentres que o lado sen ollos é o chamado "lado cego.
O corpo, como o de todos os soleidos, ten forma de lingua (de aí os seus nomes vulagares) ou de sola de sandalia (de aí, os seu nome científico), máis alto cara a arriba, cara á cabeza, pero que se vai estritando pouco a pouco cara ao extremo caudal.

Podea alcanzar un tamaño de até 35 cm de lonxiutude.[4]

Hábitat, distribución e bioloxía[editar | editar a fonte]

O linguado da Guinea é un peixe mariño e de augas salobres, demersal, que habita en augas tropicais pouco profundas, de até os 50 m de profundidade,[5] entre os 16° N e os 5° S,[6] nas costas do Atlántico leste, desde Senegal até o golfo da Guinea.[4]

Encóntrase en fondos areosos e lamacentos, principalmente en augas pouco profundas.[5]

Pesca[editar | editar a fonte]

O linguado da Guinea captúrase na área de pesca 34 (Atlántico centro-leste).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Synaptura cadenati Chabanaud, 1948 no WoRMS,
  2. 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 86.
  3. Desoutter, M.; F. Chapleau, T. A. Munroe, B. Chanet and M. Beaunier (2001): "Catalogue critique des types de poissons du Muséum national d'histoire naturelle. Ordre des Pleuronectiformes". Cybium 25 (4): 299-368.
  4. 4,0 4,1 Desoutter, M. (1990).
  5. 5,0 5,1 Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.
  6. Synaptura cadenati Chabanaud, 1948 na FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; Paris: SEI e UNESCO. Vol. 2.
  • Relini, Giulio (2006): "Agnatha, Osteichthyes", en: Revisione della Checklist della fauna marina italiana. En FaunaItalia.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]