Symphytum tuberosum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Symphytum tuberosum é unha planta da familia das boraginaceae.

No seu hábitat.
Detalle das flores.

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta vivaz, de 25 a 50 (60) cm, provista de rizomas tuberosos máis ou menos deformes. Talos pouco ramificados e pelosos. Follas lanceolado-oblongas, grandes (até 12 cm), estreitadas en pecíolo nada ou moi pouco decurrente; as superiores sentadas; as medias superan en tamaño ás inferiores. Flores tubulares de cor amarela pálida, con escamas na garganta. Lóbulos do cáliz cunha lonxitude 3 veces maior que o tubo. Ovario con tubérculos, estilo saínte e estames ocultos. Froito granuloso e brillante. Florece na primavera.[1]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Bosques caducifolios.

Distribución[editar | editar a fonte]

Gran parte de Europa excepto no norte, Portugal, Irlanda, Bélxica, Holanda.[2]

Propiedades[editar | editar a fonte]

Symphytum tuberosum desempeñou un papel curativo na medicina natural ao longo dos séculos.[3][4] Nestas curas tradicionais, as receitas utilizan as follas e as raíces , antigamente utilizábase para acelerar a curación das abrasións menores a través de ser aplicada directamente sobre a pel danada baixo unha compresa.[5]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Symphytum tuberosum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 136. 1753.[6]

Etimoloxía

Symphytum: nome xenérico que deriva do grego sympho ou symphein = "medrar xuntos", e phyton = "planta", o nome symphytum foi utilizado por Dioscórides para esta planta que tiña fama de curar as feridas.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Penas, A.; Diez J., Llamas F., Rodríguez M. (1991). Plantas Silvestres de Castilla y León. Valladolid:Ámbito. ISBN 84-86770-40-8. 
  2. Polunin, Oleg (1989). Flores Silvestres de España y de Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0857-3. 
  3. Natural England
  4. "Scottish plant uses". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2023. 
  5. Medicinal uses
  6. "Symphytum tuberosum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de xaneiro de 2014. 
  7. En Nombres Botánicos