Symphytum officinale
Symphytum officinale | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Symphytum officinale é unha especie de planta perenne pertencente ao xénero Symphytum da familia Boraginaceae.[1][2] É orixinaria de Europa e é coñecida noutros lugares, incluíndo América do Norte, como unha especie introducida e, ás veces unha mala herba.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5c/225_Symphytum_officinale_L.jpg/220px-225_Symphytum_officinale_L.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/20130522Beinwell_Saarbruecken2.jpg/220px-20130522Beinwell_Saarbruecken2.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f2/86_Symphytum_officinale.jpg/220px-86_Symphytum_officinale.jpg)
Descrición
[editar | editar a fonte]A planta é resistente e pode crecer até unha altura de 1 m. Flores péndulas e rosadas, follas grandes e brillantes.
Usos
[editar | editar a fonte]As raíces de Symphytum officinale utilizáronse na medicina tradicional austríaca internamente (como té ou tintura) ou externamente (como ungüento, compresas, ou a dixestión alcohólica) para o tratamento de trastornos do sistema locomotor e o tracto gastrointestinal. As follas e talos tamén se utilizaron para o tratamento dos mesmos trastornos, e tamén para o tratamento de reumatismo e gota.[3]
A Symphytum officinale utilizouse na medicina popular como unha cataplasma para o tratamento de queimaduras e feridas. Con todo, o consumo interno, como en forma de tisana , non é recomendable, xa que foi moi debatido sobre se pode causar dano grave ao fígado.[4]
Contén alantoína que ten un efecto cicatrizante, reepitelizante; os mucílagos actúan como demulcente (hidratante, antiinflamatorio); os taninos son adstrinxentes (antidiarreico, hemostático local).
Indicado para o tratamento da gastritis, úlceras gastroduodenais, diarreas e síndrome do intestino irritable. En uso tópico: escoceduras, eczemas secos, prurito, gretas dos seos, ictiosis, psoriasis, distrofia da mucosa vulvovaxinal, parodontopatías, tendinite, bursite, inflamacións osteoarticulares, contusións, hematomas. Tradicionalmente empregouse para acelerar a consolidación de fracturas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Symphytum officinale foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 136. 1753.[5]
- Etimoloxía
Symphytum: nome xenérico que provén do grego sympho ou symphein = "medrar xuntos", e phyton = "planta", o nome symphyton foi utilizado por Dioscórides para esta planta que tiña fama de curar feridas.
officinale: epíteto latino que significa "planta medicinal de venda en herbarios".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The potential of Russian comfrey (Symphytum officinale) as an animal feedstuff in Uganda". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2006. Consultado o 27 de xullo de 2023.
- ↑ "GRIN Species Profile". Arquivado dende o orixinal o 20 de enero de 2009. Consultado o 31 de decembro de 2013.
- ↑ Vogl S, Picker P, Mihaly-Bison J, Fakhrudin N, Atanasov AG, Heiss EH, Wawrosch C, Reznicek G, Dirsch VM, Saukel J, Kopp B. Ethnopharmacological in vitro studies on Austria's folk medicine - An unexplored lore in vitro anti-inflammatory activities of 71 Austrian traditional herbal drugs. J Ethnopharmacol.2013 Jun13. doi:pii: S0378-8741(13)00410-8. 10.1016/j.jep.2013.06.007. [Epub ahead of print] PubMed PMID 23770053. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/23770053
- ↑ Oberlies, Nicholas H. Analysis of herbal teas made from the leaves of comfrey (Symphytum officinale). Public Health Nutrition 7. pp. 919–924. PMID 15482618.
- ↑ "Symphytum officinale". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 31 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Symphytum officinale |