Susana García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSusana García
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Susana Rodríguez García, nada en Ourense en 1970, é unha política galega do BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e foi bolseira no Centro Ramón Piñeiro entre os anos 1997 e 2000, participando no desenvolvemento de BILEGA: Bibliografía Informatizada da Lingua Galega.[1] Foi concelleira polo BNG en Barbadás[2] de 2003[3] a 2007 e responsable da Mesa pola Normalización Lingüística en Ourense de finais de 2008[4] a 2011. Concelleira en Ourense logo das eleccións de 2011, foi tamén a número dous da lista ao Congreso dos Deputados polo BNG nas eleccións xerais de 2011[5] e a candidata pola devandita formación á alcaldía de Ourense nas eleccións municipais de 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BILEGA". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  2. "Perfil de Susana Rodríguez no BNG de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  3. ""El BNG renueva su lista en Barbadás con un 50% de mujeres y la aportación de juventud", La Voz de Galicia, 15 de abril de 2003". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  4. Entrevista a Susana García, La Voz de Galicia, 20 de marzo de 2010
  5. Entrevista a Susana García, La Región, 9 de novembro de 2011