Susan Helms

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Susan J. Helms»)
Susan Helms
e
Datos persoais
Nacemento26 de febreiro de 1958
LugarCharlotte
Actividade
MisiónsExpedición 2, STS-64, STS-102, STS-105, STS-101, STS-54 e STS-78
Tempo no espazo210,96 días
PremiosLexionario da Lexión do Mérito, Women in Aviation, International, United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA, International Space Hall of Fame e Colorado Women's Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Susan Jane Helms, nada en Charlotte, Carolina do Norte, o 26 de febreiro de 1958, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-64, STS-102, STS-105, STS-101, STS-54 e STS-78 e ademais foi membro da Expedición 2 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Helms graduouse en enxeñería aeronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1980 e é máster en aeronáutica e astronáutica pola Universidade de Stanford en 1985.[1][2]

Foi seleccionada pola NASA en xaneiro de 1990. Participou nas misións STS-64, STS-102, STS-105, STS-101, STS-54 e STS-78 e na Expedición 2 á ISS. Pasou un total de 210,96 días no espazo, incluído un paseo espacial de 8 horas e 56 minutos.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Helms, Susan Jane" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (setembro de 2012). "SUSAN J. HELMS (LIEUTENANT GENERAL, USAF)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]