Saltar ao contido

STS-64

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-64
Lanzamento da misión STS-64.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento9 de setembro de 1994, 22:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,95 días[6]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-201 e realización de varios experimentos a bordo.[3][6]
Regreso20 de setembro de 1994[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1994-059A

STS-64 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 9 de setembro de 1994 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-64, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-201 e utilizar por primeira vez o instrumento LITE, un lídar desde o espazo para estudar a atmosfera terrestre. A tripulación estaba formada polo comandante Richard N. Richards, o piloto L. Blaine Hammond e os especialistas de misión Jerry M. Linenger, Susan J. Helms, Carl J. Meade e Mark C. Lee. Durante a misión tivo lugar a primeira actividade extravehicular estadounidense sen cables en dez anos e na que Lee e Meade probaron unha mochila propulsora denominada SAFER para uso en caso de que un astronauta se soltara accidentalmente das súas agarradeiras durante un paseo espacial.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de setembro de 1994.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 64" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 29 November 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-28819T). 15 de decembro de 1995: 9. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 64" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-64 - LITE 1" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-64" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (1 de abril de 2010). "STS-64" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]