STS-54

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-54
Lanzamento da misión STS-54.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento13 de xaneiro de 1993, 13:59 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión5,98 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita do satélite TDRS 6 e realización de varios experimentos.[3][6]
Regreso19 de xaneiro de 1993[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1993-003A

STS-54 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 13 de xaneiro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-54, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite de comunicacións TDRS 6 e para facer experimentos a bordo do transbordador. A tripulación estaba formada polo comandante John H. Casper, o piloto Donald R. McMonagle e os especialistas de misión Mario Runco, Gregory J. Harbaugh e Susan J. Helms. Entre os experimentos a bordo estaban DXS, CHROMEX, CGBA A, PARE 02 e SSCE. No quinto día de misión, Runco e Harbaugh fixeron unha actividade extravehicular na bodega de carga do transbordador para gañar experiencia en como traballar no espazo, entre outras cousas probando a montarse en agarradeiras para os pés sen usar as mans e simulando ter que transportar cargas voluminosas en microgravedade.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 19 de xaneiro de 1993.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 54" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 29 June 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-40651(E)). 20 de xullo de 1993: 8. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 54" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-54" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-54" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-54" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]