STS-101
| STS-101 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-101 | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 19 de maio de 2000, 10:11 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 9,84 días[6] |
| Obxectivo da misión | Montaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
| Regreso | 1 de maio de 2001[6] |
| Sitio de regreso | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida[6] |
| NSSDC ID | 2000-027A |
STS-101 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 19 de maio de 2000 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-101, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada por James D. Halsell (comandante), Scott J. Horowitz (piloto) e Jeffrey N. Williams, James S. Voss, Susan J. Helms e Iuri Usachov (especialistas de misión).[2][3][5][6][7]
O lanzamento da STS-101 atrasouse tres veces por causas meteorolóxicas. Foi o primeiro lanzamento coas novas pantallas dixitais nun transbordador espacial, xunto con outras melloras. O Atlantis acoplouse ao porto PMA-2 da estación o 21 de maio, comezando unha serie de actividades para mellorala e ampliala. Durante un paseo espacial de 6 horas e 44 minutos feito por Voss e Williams (o quinto durante a construción da ISS) sustituironse catro das seis baterías do módulo Zarya, estabilizouse a grúa Strela de 3 metros deixada nunha misión anterior, completouse a instalación dunha grúa de 15 metros no módulo Zarya e reemprezaouse unha antena defectuosa. Tamén se elevou en 32 km a altura da órbita da estación cos motores do Atlantis, aprovisonouse cunha tonelada de comida, propelente e outras subministracións e preparouse a estación para a chegada en xullo dun novo módulo, o Zvezda.[3][5][6][7]
O Atlantis aterrou no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 29 de maio de 2000.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 101" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2017.
- 1 2 3 "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80466(E)). 25 de xaneiro de 2001: 11. Consultado o 24 de decembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 101" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2017.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-101 / ISS-2A.2a" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de decembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Mark Wade (2011). "STS-101" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2017.
- 1 2 3 NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-101" (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-101 |