Süper Lig
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | Federação Turca de Futebol (pt) |
Patrocinador | Spor Toto (en) |
Liga inferior | TFF 1. Lig (pt) |
Número de participantes | 19 |
Localización e Datas | |
País | Turquía |
Vixencia | 1956 – |
Calendario da tempada | verán – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | tff.org… |
A Süper Lig é a máxima categoría da liga turca de fútbol. Trátase dunha competición profesional, fundada en 1958 e organizada pola Türkiye Futbol Federasyonu (Federación Turca de Fútbol). O formato é o habitual nos torneos de liga europeos, sendo 18 os equipos que se enfrontan entre si ó longo de dúas voltas, en cada unha das cales cada equipo ten que se enfrontar cos restantes 17, de xeito que cando remata o campionato cada equipo xogou dous encontros fronte a cada rival, ún como local e outro como visitante.
O nacemento desta competición supuxo a unificación de varios torneos rexionais que ata entón levábanse a cabo no país. O resultado foi unha liga dominada polos clubs da cidade de Istambul, que entre 1959 e 2012 acadaron 49 dos 56 títulos disputados. Os 3 clubs máis laureados desta liga son o Fenerbahçe SK, o Galatasaray SK e o Beşiktaş JK (con 18, 18 e 13 títulos respectivamente), os 3 da cidade de Istambul, seguidos do Trabzonspor (6 títulos) e do Bursaspor (1 título). Os 3 grandes equipos de Istambul son tamén os únicos que levan disputadas tódalas edicións da Süper Lig.
Clubs participantes
[editar | editar a fonte]Na súa edición 2011-2012, os 18 clubs participantes son os seguintes:
Equipo | Cidade | Estadio | Capacidade |
---|---|---|---|
Ankaragücü | Ancara | Ankara 19 Mayıs | 19.209 |
Antalyaspor | Antalya | Mardan Sports Complex | 7.428 |
Beşiktaş JK | Istambul | Beşiktaş İnönü | 32.086 |
Bursaspor | Bursa | Bursa Atatürk | 18.587 |
Eskişehirspor | Eskişehir | Eskişehir Atatürk | 13.520 |
Fenerbahçe SK | Istambul | Şükrü Saracoğlu | 50.509 |
Galatasaray SK | Istambul | Türk Telekom Arena | 52.600 |
Gaziantepspor | Gaziantep | Gaziantep Kamil Ocak | 16.981 |
Gençlerbirliği SK | Ancara | Ankara 19 Mayıs | 19.209 |
İstanbul BB | Istambul | Olímpico Atatürk | 76.092 |
Kardemir Karabükspor | Karabük | Yenişehir | 7.593 |
Kayserispor | Kayseri | Kadir Has | 32.864 |
Mersin İdmanyurdu | Mersin | Tevfik Sırrı Gür | 10.128 |
Orduspor | Ordu | 19 Eylül | 11.024 |
Samsunspor | Samsun | Samsun 19 Mayıs | 12.720 |
Sivasspor | Sivas | Sivas 4 Eylül | 14.998 |
Trabzonspor | Trebisonda | Hüseyin Avni Aker | 20.750 |
Vestel Manisaspor | Manisa | Manisa 19 Mayıs | 16.597 |
Campións
[editar | editar a fonte]Na seguinte táboa amósase o palmarés da liga turca de fútbol segundo o número de títulos acadados por cada club.
Nº Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
---|---|---|
22 | Fenerbahçe SK | 1958-59, 1960-61, 1963-64, 1964-65, 1967-68, 1969-70, 1973-74, 1974-75, 1977-78, 1982-83, 1984-85, 1988-89, 1995-96, 2000-01, 2003-04, 2004-05, 2006-07, 2010-11, 2013-14, 2017-18, 2018-19 |
19 | Galatasaray SK | 1961-62, 1962-63, 1968-69, 1970-71, 1971-72, 1972-73, 1986-87, 1987-88, 1992-93, 1993-94, 1996-97, 1997-98, 1998-99, 1999-00, 2001-02, 2005-06, 2007-08, 2011-12, 2012-13 |
15 | Beşiktaş JK | 1956-57, 1957-58, 1959-60, 1965-66, 1966-67, 1981-82, 1985-86, 1989-90, 1990-91, 1991-92, 1994-95, 2002-03, 2008-09, 2015-16, 2016-17 |
6 | Trabzonspor | 1975-76, 1976-77, 1978-79, 1979-80, 1980-81, 1983-84 |
1 | Bursaspor | 2009-10 |