Saltar ao contido

Türk Telekom Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Türk Telekom Arena
Sarıyer Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
nef Stadyumu (tr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Estilo
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
 Ocupante
 Enxeñeiro estrutural
Datas
 Inauguración
15 de xaneiro de 2011 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Capacidade52.652 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/02vx9by Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: turktelekomarenaofficialpage Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Türk Telekom Arena é un estadio localizado no distrito de Şişli, ao norte de Istanbul, no estado de Turquía, no que xoga como local o Galatasaray SK. O recinto ten capacidade para acoller 52.652 persoas nas bancadas.

En 2006 foi inaugurado o novo estadio do Fenerbahce (máximo rival do Galatasaray), o Şükrü Saracoğlu Stadium, con capacidade para acoller mais de 50.000 seareiros. Aquela obra provocou que o Galatasaray sentise a necesidade de facer o mesmo que o seu rival, xa que no seu estadio, o Ali Sami Yen, só collían 23.477 persoas.

Nuns primeiros intres houbo propostas para derrubar o vello recinto e construír un novo estadio máis grande e moderno no mesmo sitio. Porén, viuse que esa opción non era posible, xa que non había espazo abondo. O 11 de maio de 2007 anunciouse o plan para construír un novo estadio en Şişli, o distrito financeiro máis importante da cidade e do país.

As obras remataron en 2010 e o estadio inaugurouse o 15 de xaneiro de 2011 nun encontro amigable fronte o Ajax Amsterdam que rematou sen goles.

Características

[editar | editar a fonte]

O estadio Turk Telekom Arena construíuse cun tellado que se pode poñer ou quitar mecanicamente segundo conveña, característica que o fai idóneo para eventos como concertos. O primeiro concerto que se celebrou neste recinto foi o de Bon Jovi o 8 de xullo de 2011.

As medidas do campo de xogo son 105 x 68 metros. Nas bancadas collen 52.652 persoas, con 213 palcos VIP. O estadio ten a súa propia estación de metro, e 3225 prazas de aparcadoiro.

O nome orixinal do estadio era Ali Sami Yen Spor Kompleksi, nome que aínda se emprega nos encontros pertencentes ás competicións da UEFA. Non obstante, no campionato turco o estadio recibe o nome Türk Telekom Arena por mor do acordo publicitario que asinaron o Galatasaray e a empresa turca de telecomunicacións Türk Telekom, un acordo por 10 anos e 10,25 millóns de dólares por ano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]