Superfamilia das inmunoglobulinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Superfamilia das inmunoglobulinas
PDB 1a2y EBI.jpg
Anticorpo en complexo con lisocima de clara de ovo de galiña.[1]
Identificadores
Símbolo IgSF
Pfam PF00047
Pfam clan CL0011
InterPro IPR013151
PROSITE PS50835
SCOP 1tlk
SUPERFAMILY 1tlk
OPM superfamily 230
OPM protein 3bib
CDD cd00096

A superfamilia das inmunoglobulinas (IgSF) é unha gran superfamilia de proteínas da superficie celular e solubles que están implicadas nos procesos de recoñecemento, unión ou adhesión das células. As moléculas son categorizadas como membros desta superfamilia baseándose nas características estruturais compartidas coas inmunoglobulinas (ou anticorpos); todas posúen un dominio chamado dominio ou pregamento de inmunoglobulina. Os membros da IgSF inclúen os receptores de antíxenos da superficie celular, correceptores e moléculas coestimulatorias do sistema inmunitario, moléculas implicadas na presentación de antíxenos a linfocitos, moléculas de adhesión cellar, certos receptores de citocinas e as proteínas musculares intracelulares. Están normalmente asociadas con funcións no sistema inmunitario. A proteína Izumo específica do esperma e membro da superfamilia das inmunoglobulinas, foi tamén identificada como a única proteína da membrana do espermatozoide esencial para a fusión entre óvulo e espermatozoide.

Dominios de inmunoglobulina[editar | editar a fonte]

As proteínas da IgSF posúen un dominio estrutural chamado dominio de inmunoglobulina (Ig). Os dominios de Ig reciben ese nome polas moléculas de inmunoglobulinas. Conteñen de 70 a 110 aminoácidos e son clasificadas segundo o seu tamaño e función.[2] Os dominios de Ig posúen un pregamento de Ig característico, que ten unha estrutura de tipo sándwich formada por dúas follas de febras beta antiparalelas. O pregamento de Ig está estabilizado polas interaccións entre os aminoácidos hidrofóbicos no lado interno do sándwich e pontes disulfuro altamente conservadas formados entre residuos de cisteína nas febras B e F. Un extremo do dominio Ig ten unha rexión chamada rexión determinante da complementariedade que é importante para a especificidade dos anticorpos polos seus ligandos. Crese que a estrutura de subxenes de Ig variables e a inmunoglobulina de superficie determina a propensión a unha sinalización de BCR crónica ou tónica.[3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os dominios de tipo Ig poden ser clasificados como IgV, IgC1, IgC2 ou IgI.[4]

A maioría dos dominios de Ig son ou variables (IgV) ou constantes (IgC).

  • IgV: os dominio de IgV de 9 febras beta son xeralmente máis longos que os dominios IgC de 7 febras beta.
  • IgC1 e IgC2: os dominios de Ig dalgúns membros da IgSF lembran os dominios de IgV na secuencia de aminoácidos, aínda que son similares en tamaño aos dominios de IgC. Estes denomínanse dominios de IgC2, mentres que os dominios de IgC estándares chámanse dominios de IgC1.
  • IgI: outros dominios de Ig denomínanse dominios intermedios (I).[5]

Membros da superfamilia da inmunoglobulina[editar | editar a fonte]

As proteínas con dominios de Ig son a familia máis numerosa de proteínas do xenoma humano, da que se identificaron 765 membros.[6] Os membros da familia poden encontrarse incluso en corpos de animais con estrutura fisiolóxica moi simple como os poríferos (esponxas). Tamén se encontraron en bacterias, onde a súa presenza se cre que se debe a transferencia horizontal de xenes.[7]

Membros da superfamilia das inmunoglobulinas
Función molecular/categoría Exemplos Descrición
Receptores de antíxenos Os receptores de antíxenos que se encontran na superficie dos linfocitos T e B en todos os vertebrados mandibulados pertencen á IgSF. As moléculas de inmunoglobulina (os receptores de antíxenos das células B) son os membros fundadores da IgSF. Nos humanos, hai cinco tipos de moléculas de inmunoglobulinas que conteñen unha cadea pesada con catro dominios de Ig e unha cadea lixeira con dous dominios de Ig. O receptor de antíxenos da célula T é o receptor de células T (TCR), que está composto por dúas cadeas, que son ou cadeas TCR-alfa e -beta, ou cadeas TCR-delta e -gamma. Todas as cadeas de TCR conteñen dous dominios de Ig na porción extracelular; un dominio de IgV no N-terminal e un dominio de IgC1 adxacente á membrana plasmática.
Moléculas presentadoras de antíxenos Os ligandos para os TCR son as proteínas do complexo maior de histocompatibilidade (MHC). Estas aparecen en dúas formas; as MHC de clase I forman un dímero cunha molécula chamada beta-2 microglobulina (β2M) e interaccionan co TCR de células T citotóxicas, e as MHC de clase II teñen dúas cadeas (alfa e beta) que interaccionan co TCR das células T axudantes. As moléculas MHC de clase I, MHC de clase II e β2M posúen dominios de Ig e son, por tanto, membros da IgSF.
Correceptores Os correceptores e moléculas accesorias. Outras moléculas da superficie das células T tamén interaccionan coas moléculas do MHC durante a unión ao TCR. Estes denomínanse correceptores. Nas poboacións de linfocitos, o correceptor CD4 encóntrase nas células T axudantes e o correceptor CD8 encóntrase nas células T citotóxicas. O CD4 ten catro dominios de Ig na porción extracelular e funciona como un monómero. O CD8, ao contrario, funciona como dímero con ou ben dúas cadeas alfa idénticas ou ben, máis comunmente, cunha cadea alfa e unha beta. O CD8-alfa e CD8-beta teñen cada un un dominio de IgV extracelular na súa porción extracelular. Un complexo correceptor tamén o utiliza polo BCR, incluíndo o CD19, como unha molécula da IgSF con dous dominios de IgC2.
Moléculas accesorias do receptor de antíxenos Unha molécula adicional encóntrase na superficie das células T que está tamén implicada na sinalización polo TCR. O CD3 é unha molécula que axuda a transmitir un sinal desde o TCR despois da súa interacción con moléculas do MHC. O CD3 humano está constituído por tres cadeas diferentes, chamadas gamma, delta e epsilon, todas as cales son moléculas da IgSF cun só dominio de Ig.

Similar á situación nas células T, as células B tamén teñen correceptores da superficie celular e moléculas accesorias que axudan á activación da célula polo BCR/inmunoglobulina. Utilízanse dúas cadeas, CD79a e CD79b que posúen ambas un só dominio de Ig.

Moléculas inhibidoras coestimuladoras Moléculas coestimuladoras ou inhibidoras: Receptores sinalizadores coestimuladores e inhibidores e ligandos controlan a activación, expansión e funcións efectoras das células. Un gran grupo de receptores coestimladores da IgSF son moléculas da familia de CD28; CD28, CTLA-4, morte programada-1 (PD-1), o atenuador de linfocitos B e T (BTLA, CD272), e o coestimulador de célula T inducible (ICOS, CD278);[8] e os seus ligandos da IgSF pertencen á familia B7; CD80 (B7-1), CD86 (B7-2), ligando ICOS, PD-L1 (B7-H1), PD-L2 (B7-DC), B7-H3 e B7-H4 (B7x/B7-S1).[9]
Receptores da célula asasina natural
Receptores de leucocitos
IgSF CAMs
  • NCAMs
  • ICAM-1
  • subconxunto de CD2
  • RPTP de tipo IIa e IIb, descritos na subsección da receptor tirosina quinases/fosfatases de máis abaixo
Receptores de citocinas
Receptores do factor de crecemento
Receptor tirosina quinases/fosfatases
Receptores de unión a Ig
Outros

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dall'Acqua W, Goldman ER, Lin W, et al. (June 1998). "A mutational analysis of binding interactions in an antigen-antibody protein-protein complex". Biochemistry 37 (22): 7981–91. PMID 9609690. doi:10.1021/bi980148j. 
  2. Barclay A (2003). "Membrane proteins with immunoglobulin-like domains--a master superfamily of interaction molecules". Semin Immunol 15 (4): 215–23. PMID 14690046. doi:10.1016/S1044-5323(03)00047-2. 
  3. Seda V, Mraz M (2015). "B-cell receptor signalling and its crosstalk with other pathways in normal and malignant cells". Eur. J. Haematol. 94 (3): 193–205. PMID 25080849. doi:10.1111/ejh.12427. 
  4. B. D. Gomperts; Ijsbrand M. Kramer; Peter E. R. Tatham (1 July 2009). Signal transduction. Academic Press. pp. 378–. ISBN 978-0-12-369441-6. Consultado o 28 November 2010. 
  5. Harpaz Y, Chothia C (May 1994). "Many of the immunoglobulin superfamily domains in cell adhesion molecules and surface receptors belong to a new structural set which is close to that containing variable domains". J. Mol. Biol. 238 (4): 528–39. PMID 8176743. doi:10.1006/jmbi.1994.1312. 
  6. Lander ES, Linton LM, Birren B, et al. (February 2001). "Initial sequencing and analysis of the human genome". Nature 409 (6822): 860–921. PMID 11237011. doi:10.1038/35057062. 
  7. Bateman A, Eddy SR, Chothia C (September 1996). "Members of the immunoglobulin superfamily in bacteria". Protein Sci. 5 (9): 1939–41. PMC 2143528. PMID 8880921. doi:10.1002/pro.5560050923. 
  8. Peggs K, Allison J (2005). "Co-stimulatory pathways in lymphocyte regulation: the immunoglobulin superfamily". Br J Haematol 130 (6): 809–24. PMID 16156851. doi:10.1111/j.1365-2141.2005.05627.x. 
  9. Greenwald R, Freeman G, Sharpe A (2005). "The B7 family revisited". Annu Rev Immunol 23: 515–48. PMID 15771580. doi:10.1146/annurev.immunol.23.021704.115611. 
  10. Boles, KS.; Stepp, SE.; Bennett, M.; Kumar, V.; Mathew, PA. (Jun 2001). "2B4 (CD244) and CS1: novel members of the CD2 subset of the immunoglobulin superfamily molecules expressed on natural killer cells and other leukocytes". Immunol Rev 181: 234–49. PMID 11513145. doi:10.1034/j.1600-065X.2001.1810120.x. 
  11. Fraser, CC.; Howie, D.; Morra, M.; Qiu, Y.; Murphy, C.; Shen, Q.; Gutierrez-Ramos, JC.; Coyle, A.; Kingsbury, GA.; Terhorst, C (Feb 2002). "Identification and characterization of SF2000 and SF2001, two new members of the immune receptor SLAM/CD2 family". Immunogenetics 53 (10–11): 843–50. PMID 11862385. doi:10.1007/s00251-001-0415-7. 
  12. Tangye, SG.; Nichols, KE.; Hare, NJ.; Van De Weerdt, BC. (Sep 2003). "Functional requirements for interactions between CD84 and Src homology 2 domain-containing proteins and their contribution to human T cell activation". J Immunol 171 (5): 2485–95. PMID 12928397. doi:10.4049/jimmunol.171.5.2485. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]