Supercopa de Alemaña 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supercopa de Alemaña 2021
O Signal Iduna Park en Dortmund, sede do encontro.
Data17 de agosto de 2021
EstadioAlemaña Signal Iduna Park, Dortmund
Asistencia24.742 espectadores[1]
ÁrbitroAlemaña Sascha Stegemann[2]
Xogador do partidoPolonia Robert Lewandowski[3]
TempoChuvioso
14 °C (57 °F)
93% de humidade

A DFL Supercup 2021 foi a 12ª edición da Supercopa de Alemaña, un partido de fútbol anual organizado pola Deutsche Fußball Liga e disputado polos gañadores da Bundesliga e mais a Copa de Alemaña da tempada pasada. O encontro deste ano contou co Borussia Dortmund, vencedores da Copa de Alemaña 2020-2021, e co Bayern de Múnic, gañadores da Bundesliga 2020–2021.[4] O Dortmund organizou o partido que se xogou no Signal Iduna Park o 17 de agosto de 2021.[5][6]

O Bayern de Múnic era o defensor do título, tras gañar a edición de 2020 por 3–2 fronte o Borussia Dortmund[7][5], e conseguiu revalidalo vencendo por 1–3 no tempo regulamentario ao mesmo rival na final de 2021, logrando a 9ª Supercopa de Alemaña para o club bávaro.[3]

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Na seguinte táboa, os partidos ata 1996 estaban na era da DFB-Supercup, e a partir de 2010 na era DFL-Supercup.

Club Clasificación Participacións previas
Borussia Dortmund borde Campións da Copa de Alemaña 2020-2021 11 (1989, 1995, 1996, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016, 2017, 2019, 2020)
FC Bayern München borde Campións da Bundesliga 2020–21 14 (1987, 1989, 1990, 1994, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020)

  • En letra negra - campións da edición

Partido[editar | editar a fonte]

Resumo[editar | editar a fonte]

No minuto 41, Serge Gnabry centrou un balón desde a esquerda para Robert Lewandowski que puxo ao Bayern de Múnic por diante no marcador cunha cabezada dende seis metros dirixida cara a esquerda da portería. Thomas Müller logrou o 2–0 no minuto 49 cunha finalización preto da rede despois de que Alphonso Davies mandase un balón centrado dende a esquerda e dun toque de Lewandowski que non conseguiu atallar o gardameta e que caeu finalmente nas botas do goleador. Marco Reus anotou o 2–1 no minuto 64 cun tiro coa perna dereita dende fóra da área de penalti mandado cara a esquina superior dereita da rede.[8] Lewandowski marcou o seu segundo tanto no minuto 74 cunha finalización por abaixo á esquina dereita da portería dentro da área de penalti despois de que o balón lle caese franco ós pés por mor dun erro do defensa do Dortmund Manuel Akanji.[9]

Detalles[editar | editar a fonte]

Borussia Dortmund 1 - 3 Bayern de Múnic 17 de agosto de 2021, 20:30 (CEST) – Signal Iduna Park, Dortmund
Asistencia: 24.742 espectadores[1]
Árbitro: Alemaña Sascha Stegemann
Reus Anotado no 64º minuto 64' Informe
Lewandowski Anotado no 41º minuto 41' Anotado no 74º minuto 74'
Müller Anotado no 49º minuto 49'
 
Borussia Dortmund


Bayern de Múnic


Bayern de Múnic
BAYERN MÜNCHEN
PO 1 Suíza Gregor Kobel
DF 30 Alemaña Felix Passlack Sae aos 84 minutos 84'
DF 28 Bélxica Axel Witsel
DF 16 Suíza Manuel Akanji
DF 14 Alemaña Nico Schulz
MC 8 Alemaña Mahmoud Dahoud Amoestado no minuto 32º 32'
MC 22 Inglaterra Jude Bellingham Sae aos 84 minutos 84'
MC 7 Estados Unidos Giovanni Reyna Sae aos 78 minutos 78'
MC 11 Alemaña Marco Reus (c) Amoestado no minuto 25º 25'
DC 9 Noruega Erling Haaland
DC 18 Alemaña Youssoufa Moukoko Sae aos 58 minutos 58'
Substitucións:
PO 35 Suíza Marwin Hitz
MC 6 Dinamarca Thomas Delaney
MC 20 Brasil Reinier Entra aos 84 minutos 84'
MC 39 Alemaña Marius Wolf Entra aos 84 minutos 84'
MC 46 Croacia Marco Pašalić Entra aos 78 minutos 78'
MC 47 Alemaña Antonios Papadopoulos
DC 21 Países Baixos Donyell Malen Entra aos 58 minutos 58'
DC 27 Alemaña Steffen Tigges
DC 36 Alemaña Ansgar Knauff
Adestrador:
Alemaña Marco Rose
Borussia Dortmund
BORUSSIA DORTMUND
PO 1 Alemaña Manuel Neuer (c)
DF 44 Alemaña Josip Stanišić Sae aos 87 minutos 87'
DF 2 Francia Dayot Upamecano
DF 4 Alemaña Niklas Süle Amoestado no minuto 22º 22'
DF 19 Canadá Alphonso Davies
MC 6 Alemaña Joshua Kimmich
MC 8 Alemaña Leon Goretzka
MC 11 Francia Kingsley Coman Sae aos 49 minutos 49'
MC 25 Alemaña Thomas Müller Sae aos 73 minutos 73'
MC 7 Alemaña Serge Gnabry Sae aos 73 minutos 73'
DC 9 Polonia Robert Lewandowski Sae aos 88 minutos 88'
Substitucións:
PO 26 Alemaña Sven Ulreich
DF 3 Inglaterra Omar Richards
DF 15 Estados Unidos Chris Richards
DF 20 Francia Bouna Sarr Entra aos 87 minutos 87'
DF 23 Francia Tanguy Nianzou
MC 24 Francia Corentin Tolisso Entra aos 73 minutos 73'
MC 42 Alemaña Jamal Musiala Entra aos 73 minutos 73'
DC 10 Alemaña Leroy Sané Amoestado no minuto 83º 83' Entra aos 49 minutos 49'
DC 13 Camerún Choupo-Moting Amoestado no minuto 93º 93' Entra aos 88 minutos 88'
Adestrador:
Alemaña Julian Nagelsmann

Xogador do partido:
Alemaña Robert Lewandowski[3]

Árbitros asistentes:[10]
Alemaña Mike Pickel
Alemaña Frederick Assmuth
Cuarto árbitro:[10]
Alemaña Florian Badstübner
Árbitro VAR:[10]
Alemaña Tobias Welz
Árbitro asistente do VAR:[10]
Alemaña Robert Wessel

Regras do partido[11][12]

  • 90 minutos
  • Tiros de penalti se o marcador seguise igualado
  • Máximo de nove substitutos na banca
  • Máximo de cinco substitucións
Campión
Bayern de Múnic
9.º título

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Spielinfo | Borussia Dortmund – Bayern München 1:3 | Finale | Supercup 2021" [Información do partido | Borussia Dortmund v Bayern Munich 1–3 | Final | Supercopa 2021]. kicker (en alemán). 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  2. "Stegemann pfeift Supercup Dortmund gegen FC Bayern" [Stegemann arbitra a Supercopa do Dortmund vs FC Bayern]. DFB.de (en alemán) (Asociación de Fútbol de Alemaña). 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "3:1 – Der FC Bayern München gewinnt den Supercup gegen Borussia Dortmund" [3–1: O FC Bayern München gaña a Supercopa contra o Borussia Dortmund]. Deutsche Fußball Liga (en alemán). 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  4. "Bayern Munich win Bundesliga as Dortmund beat Leipzig". BBC Sport. 8 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Borussia Dortmund to host Bayern Munich in the 2021 Supercup". bundesliga.com - the official Bundesliga website (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  6. "Supercup 2021 am 17. August in Dortmund" [Supercopa o 17 de agosto en Dortmund]. Deutsche Fußball Liga (en alemán). 26 de maio de 2021. Consultado o 26 de maio de 2021. 
  7. "Bayern Munich 3-2 Borussia Dortmund: Kimmich delivers Supercup for Flick's men". Goal.com. 1 de outubro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  8. "Borussia Dortmund 1-3 Bayern Munich: Robert Lewandowski double earns German Super Cup". Sky Sports. 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  9. "Bayern Munich beat Borussia Dortmund to retain German Super Cup title". BBC Sport. 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "Deutscher Supercup, 2021, Finale" [Supercopa Alemá, 2021, Final]. DFB.de (en alemán). Asociación de Fútbol de Alemaña. 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  11. "Spielordnung (SpOL)" [Regras do partido] (PDF). DFL.de (en alemán). Deutsche Fußball Liga. 16 de maio de 2020. p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xuño de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  12. "Tickets für Gästefans ab dem dritten Spieltag – Weiter fünf Auswechslungen pro Mannschaft möglich" [Entradas para os afeccionados convidados a partir da terceira xornada: aínda son posibles cinco substitucións por equipo]. DFL.de (Deutsche Fußball Liga). 14 de xullo de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Supercopa de Alemaña 2020

Supercopa de Alemaña

XII edición
Sucesor:
Supercopa de Alemaña 2022