Suicide: Alan Vega and Martin Rev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Suicide: Alan Vega and Martin Rev
Álbum de Suicide
Publicadomaio de 1980
Gravaciónxaneiro de 1980
Estudio(s)Power Station
Duración40:33
Xénero(s)synth-pop
Selo(s)ZE Records
Producido porRic Ocasek
Cronoloxía
21½ Minutes in Berlin/23 Minutes in Brussels
(1978)
Suicide: Alan Vega and Martin Rev Half Alive
(1981)

Suicide: Alan Vega and Martin Rev é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de protopunk Suicide, publicado en maio de 1980 a través do selo ZE Records.[1] O disco foi producido por Ric Ocasek de The Cars. Gravouse en xaneiro de 1980 e Ocasek deulle ao teclista Martin Rev equipamento novo para tocar no traballo, mentres que Alan Vega distanciouse da música do álbum para concentrarse nas voces. Michael Zilkha, de ZE, meteu presión para darlle ao álbum un son máis orientado á música dance, agardando que o músico dance Giorgio Moroder producise o traballo.

O álbum foi listado na lista de mellores disco dese ano da revista NME. Alan Vega sentiu que "nada grande (para o grupo) pasara" tras o seu lanzamento inicial. Tanto Vega como Rev publicaron álbums en solitario tras a edición deste disco.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Martin Rev e Alan Vega

Cara A
N.º Título Duración
1. "Diamonds, Fur Coat, Champagne"   3:21
2. "Mr. Ray (to Howard T.)"   5:14
3. "Sweetheart"   3:37
4. "Fast Money Music"   3:08
5. "Touch Me"   4:24
Cara B
N.º Título Duración
1. "Harlem"   6:38
2. "Be Bop Kid"   2:13
3. "Las Vegas Man"   4:10
4. "Shadazz"   4:25
5. "Dance"   3:23

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Suicide - Suicide: Alan Vega · Martin Rev". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-01-20.