Substantivo abstracto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un substantivo abstracto é unha clase de substantivo que fai referencia a conceptos, calidades ou emocións que non se poden representar como obxectos concretos. Xa que logo, designan entidades que non se perciben polos sentidos do corpo, senón pola mente, por exemplo nación, engano, amor, odio, contradición, bondade, virtude, honradez. Os substantivos abstractos considéranse illadamente polo seu significado aínda que se desprenden das cousas concretas. En cambio, unha cadeira existe en si e por si soa; é unha entidade independente. Os substantivos abstractos podémolos clasificar en:

  • Abstractos de fenómeno: están relacionados con substantivos que designan accións, estados ou os seus efectos, por exemplo lectura, camiñada.
  • Abstractos de calidade: están relacionados con adxectivos e designan calidades ou propiedades dos obxectos ou dos seres, por exemplo beleza, maldade.
  • Abstractos de números ou cuantitativos: cuantifican tanto de forma precisa como de forma imprecisa, por exemplo ducia, cantidade, chea.