Submillimeter Wave Astronomy Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Submillimeter Wave Astronomy Satellite (SWAS) / Explorer 74
Swas 1.jpg
SWAS
Tipo Observatorio espacial
Organización NASA
Satélite de Terra
Data de lanzamento 6 de decembro de 1998[1][2][3]
Foguete portador Pegasus XL[2][4]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg da Forza Aérea[2][5]
Obxectivo da misión Observación astronómica en lonxitudes de ondas submilimétricas.[2][5]
NSSDC ID 1998-071A
Masa 288 kg[2][4]
Potencia 230 vatios[2]
Semieixo maior 6982,2 km[1]
Inclinación 69,9 graos[1]
Apoapse 619,3 km[1]
Periapse 603,2 km[1]

SWAS (acrónimo de Submillimeter Wave Astronomy Satellite), tamén coñecido como Explorer 74, é un observatorio espacial da NASA pertencen ó programa Explorer lanzado o 6 de decembro de 1998 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de SWAS foi observar o ceo en lonxitudes de onda submilimétricas para estuda-la composición química, o balance de enerxía e a estrutura das nubes interestelares e os procesos que forman os planetas e as estrelas.[2][4]

SWAS centrouse en observar liñas espectrais específicas:[2][4]

O satélite estabilízase nos tres eixos e tiña unha precisión no apuntado de 38 segundos de arco.[2][4]

SWAS foi apagado en febreiro de 2008, pero foi reactivado en varias ocasións para facer observacións especiais.[4]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

SWAS levaba a bordo un telescopio Cassegrain elíptico fora de eixo, de 55 x 71 cm de apertura, cun ancho de feixe de 4 minutos de arco, e que alimenta uns radiómetros formados por un par de diodos Schottky refrixerados.[4]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Submillimeter Wave Astronomy Satellite

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "SWAS" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=25560. Consultado o 14 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "SWAS" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1998-071A. Consultado o 14 de febreiro de 2012. 
  3. (PDF) Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 21 de xullo de 1999. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=388. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 "Explorer: SWAS (SMEX 3)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_swas.htm. Consultado o 14 de febreiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "SWAS" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/swas.htm. Consultado o 14 de febreiro de 2012.