Stjepan Mlakić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Stjepan Mlakić
Sacerdote da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1884 en Fojnica, Bosnia, Imperio Otomán
Pasamento26 de xaneiro de 1951 en O Cairo, Reino de Exipto
Prefecto de Bahr al-Xabal
1938 - 1950
PredecesorGiuseppe Zambonardi
SucesorSisto Mazzoldi
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Stjepan Mlakić, nado en Fojnica (Bosnia, Imperio Otomán) o 1 de novembro de 1884 e finado no Cairo (Reino de Exipto) o 26 de xaneiro de 1951, foi un relixioso católico croata, misioneiro en África entre os shilluk e os nuer do Sudán, e un dos mais senlleiros africanistas croatas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Fojnica, entón baixo dominio otomán, o 1 de novembro de 1884. En 1915 profesou como relixioso dos Fillos do Sagrado Corazón de Xesús (hoxe combonianos). O 21 de outubro de 1938 foi nomeado prefecto de Bahr al-Xabal, cargo no que permaneceu até a súa renuncia o 21 de outubro de 1950. Ademáis de croata, falaba alemán, italiano, inglés, árabe e nuer. As súas cartas ao seu irmán, tamén sacerdote, dan testemuña do seu contacto estreito cos nativos africanos. Donou unha grande colección de obxectos culturais ao Museu Etnográfico de Zagreb. Finou no Cairo o 26 de xaneiro de 1951.

Notas[editar | editar a fonte]