Stella Mwangi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Stella Mwangi
Stella Mwangi MGP 2011.jpg
Mwangi no Melodi Grand Prix 2011.
Nome completoStella Nyambura Mwangi
Alias1 de setembro de 198618 de marzo de 1986 (33 anos)
Nacemento1 de setembro de 1986
OrixeNairobi, Quenia Kenya
Ocupacióncantante, rapeira e compositora
Xéneromúsica pop, soul, rap
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo1998–presente
Na rede
stellamwangi.com
editar datos en Wikidata ]

Stella Nyambura Mwangi[1] nada en Nairobi (Kenya) o 1 de setembro de 1986, é unha cantante, compositora e rapeira norueguesa. Tamén é coñecida polo nome artístico "STL".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mwangi comeza a practicar cantando cando tiña apenas oito anos de idade e ademais de cantar tamén toca o piano. Escribe música que fala da situación no seu país de orixe, Kenya, e da discriminación que tanto ela como a súa familia tiveron que soportar despois de mudarse a Noruega en 1991. Traballou en filmes como American Pie Presents: The Naked Mile e Save the Last Dance 2. Tamén apareceu en series de televisión tales como CSI: NY e Scrubs. Gañou varios premios entre os que se inclúen o Premio Kisima, Clops Premios e distincións Jeermaan.

Actualmente é unha das cantantes máis populares en Noruega despois de gañar o Melodi Grand Prix 2011, pero o seu éxito espallouse por Kenya, Senegal e Gambia. Está casada con Mads Rieverfield.

Festival de Eurovisión 2011[editar | editar a fonte]

En 2011, Mwangi participou na selección nacional de Noruega para representar ó país no Festival de Eurovisión 2011, que se celebrou en Düsseldorf, Alemaña. O 12 de febreiro de 2011, Mwangi emerxeu como a gañadora. O 10 de maio, representou a Noruega coa canción "Haba Haba", pero non puido clasificarse para a final de Eurovisión a pesar de ser unha das grandes favoritas do concurso. Stella liderou a lista oficial de sinxelos en Noruega na semana 6 de 2011 coa súa canción gañadora "Haba Haba".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums musicais[editar | editar a fonte]

Ano Notas
2008 Living for Music
  • Data de lanzamento: 20 de outubro de 2008
  • Selo: MTG Productions
  • Formatos: Digital download
2011 Kinanda
  • Data de lanzamento: 10 de xuño de 2011
  • Selo: EMI Norway
  • Formatos: Digital download

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Título Posicións Álbum musical
NOR
[2]
2007 "Take It Back" Living for Music
2010 "Smile" Kinanda
2011 "Haba Haba" 1

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]