Velociraptor
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
Velociraptor Rango fósil: Cretáceo | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Recreación do esqueleto de Velociraptor mongoliensis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Velociraptor (lat. "ladrón veloz"), é un xénero de dinosauros terópodos dromeosáuridos que viviron durante o Campaniano, cara a finais do período Cretáceo, hai uns 70 a 65 millóns de anos. Aínda que hai só unha especie recoñecida, V. mongoliensis, outras foron nomeadas no pasado. Acháronse fósiles desta especie en Asia Central, en Mongolia e China.
Aínda que máis pequeno que outros dromeosáuridos tiña moitos trazos anatómicos similares a eles. Foi un carnívoro bípede, cunha cola longa e ríxida, e tres garras, unha alargada e curva en cada pata, a cal usaba para matar ás súas presas. A diferenza doutros posuía un cranio baixo e alargado, e un fociño chato, dirixido cara arriba. Posuía patas traseiras de gran lonxitude, o que expresa (do mesmo xeito que o nome) a súa aparente gran velocidade.
Debido á súa destacada aparición na novela de Michael Crichton Parque Xurásico, o Velociraptor (comunmente alcumado "raptor") é un dos xéneros de dinosauros máis coñecidos polo público xeral. Tamén é ben coñecido polos paleontólogos, con non menos dunha ducia de esqueletos fósiles recobrados, a maior cantidade descuberta dun dromeosáurido. Unha imaxe particularmente famosa é a que mostra un Velociraptor enleado nunha batalla cun Protoceratops.
![]() |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |