Stefano Dominicali
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de maio de 1965 Imola, Italia |
| Director executivo Formula One Group | |
| 2021 – ← Chase Carey (pt) | |
| Director executivo Lamborghini | |
| 2016 – 2020 ← Stephan Winkelmann (en) | |
| Director Scuderia Ferrari | |
| 2008 – 2014 ← Jean Todt – Marco Mattiacci → | |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | |
| Educación | Universidade de Boloña |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Automobilismo, industria do automóbil, administración de empresas, automóbil de Fórmula 1 e carreira automobilística |
| Ocupación | Director deportivo de Ferrari 2008 - Presente |
| Período de actividade | 1991 |
| Empregador | Formula One Group (2021–) Lamborghini (2016–2020) Scuderia Ferrari (1995–2014) |
| Premios | |
| |
Stefano Domenicali (nado o 11 de maio de 1965) é actualmente o director do equipo Ferrari de Fórmula Un.
É fillo dun prominente banqueiro[1] en Imola. Estudou administración de empresas na Universidade de Boloña, onde se graduou en 1991.[2] Sempre crera que estaba destinado a facer unha carreira no automobilismo, debido ao seu lugar de nacemento.[3]
Carreira
[editar | editar a fonte]Uniuse a Ferrari, inmediatamente despois da súa gradación en 1991, onde traballou na administración fiscal da empresa.[3] Entre 1992 e 1994, foi director de carreira en Mugello estivo involucrado en MotoGP, DTM e outra serie de carreiras.[3][4] En 1995, foi nomeado xefe de persoal no departamento deportivo de Ferrari, tamén estivo implicado na coordinación de patrocinios, antes de ser promovido a xefe de equipo en decembro de 1996,[3][5] onde permaneceu ata xaneiro de 2001. Logo dunha breve experiencia como Xerente de Loxística, converteuse en director deportivo do equipo en 2002.[3][5]
O 12 de novembro de 2007 Ferrari, anunciou que Stefano Domenicali, asumia o papel de Director do equipo Ferrari de Fórmula Un, un posto anteriormente en mans de Jean Todt. Baixo o seu liderado, Ferrari gañou o Campionato de Construtores 2008, antes de soportar unha tempada menos competitiva en 2009 na que o equipo só gañou unha única carreira. En 2010, o equipo gañou cinco carreiras e terminou terceiro no Campionato de Construtores, detrás de Red Bull Racing e McLaren, o mesmo resultado que en 2011 aínda que nesta tempada só gañou unha carreira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Domenicali by James Allen". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2008. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- ↑ "Domenicali Ferrari Bio". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- 1 2 3 4 5 "Domenicali Profile".
- ↑ "Interview with FerrariWorld Channel".
- 1 2 "Grandprix.com biography".
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stefano Dominicali |